Cotobade

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cotobade.
Cotobade
Escudo de Cotobade
Situación
Situacion Cotobade.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca PonteKK.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.
Cita1.pngCotobad, se dice CotobadCita2.png
Francisco Vázquez sobre Cotobade

Cotobade é un concello do interior da provincia de Vigo, anexionada nos 80 por Pontevedra nun intento van de seguir mantendo seu poder na zona.

Historia[editar]

Típico nadal satanista no Pazo Bermúdez de Castro.

Cotobade comezou a ser habitada polos neanderthais, e desde entón a súa poboación non mudou, esta raza humana trouxo grandes inventos como a guerra sen postguerra (despois da guerra facían como os nenos e todos tan amigos) e a relixión (pero sen curas e onda calquera era bispo e coa excusa de ser chamán podías poñerete cego de peiote) o qeu fixeron de Cotobade unha reserva espiritoal por moitos séculos.

Aínda que a poboaión ficou sendo a mesma os seus dirixentes non, o antigo comunismo veuse abaixo ante as invasións celtas, do Imperio Romano, dos suevos, mouros, asturianos, casteláns, españois e Europeos (que son os que agora mandan a través de Madrid desde a Unión Europea). Pra ter a todos os cotobadeses ven sometidos déronlle esta terras a uns monxes e de ahí ven o nome de Cotobade (Coto do Abade) que lles explicaban ós indíxenas que debían permanecer pasivos ante as perradas que lles facían os políticos se querían ir ao ceo, senón irían ao Purgatorio ou ao inferno.

Así cando Napoleón Bonaparte enviou aos seus caciques e invadir Galiza surxiron os curastalibáns que organizaron a guerra de guerrillas contra o francés (xa que pensaban que a felación era pecado) e non pararon ata que viron que a Inquisición española voltaba mandar na conciencia de todos. Así ata o século XIX, cando a masonaría comezou a modernizar o Imperio Español, pero como non lles facían caso ao Papa, o Vaticano enviou a Franco a evanxelizar a España, así secuestrou centos de veciños de Cotobade pra que foran convencer a Asturias e a zona roxa de que con Sauron se vivía mellor.

Durante a postguerra Cotobade gañou veciños, xa que moitos cidadáns voltaban ao campo, único lugar onde conseguir comida, logo foi mellorando a vida grazas a que Estados Unidos de América utilizou o réxime franquista como salvagarda dos seus intereses mentres lle facía a puñeta axudando ao rei de Marrocos mais que o de aquí. A partir de mediados do XX Cotobade foi perdendo mais e mais habitantes e iso que tiñan boas festas, pero a partir de que contrataron unha orquestra de renome pra tocar e descubriren que os estaban anganando (no medio do concerto foise a luz, baixaron do escenario e cando estaban co vermú voltou a luz e comezou a soar a música sen músicos, debido a este playback descarado os músicos tioveron que ser salvados pola garda civil de seren masacrados polos cotobadenses). Só gañou chalets de segunda residencia de xente que traballaba en Pontemerda e viñan aquí a durmila.

Xeografía[editar]

Cotobade atópase no medio, mais ou menos, da provincia de Vigo, rodeado por Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Lama, Ponte Caldelas e Pontemerda.

Cotobade foi coñecida na antigüidade co nome de Mesopotamia (terra entre ríos en galego-portugués) debido a que pasan por aquí o Lérez e o Almofrei, con diversos regatos e afluentes e subafluentes, onde as sereas zorrean pra sacarlles víctimas humanas aos xacios.

Flora e fauna[editar]

Grazas aos ríos Cotobade é un enorme ecosistema con gran variedade de alimañas, destaca entre elas o cancadrilo (que exportan a países como Abkhazia e Occitania) e o alicornio, así como na flora atopamos enormes fragas de marihuana e outras árbores autóconas como o eucalipto e o piñeiro.

Durante a Guerra contra o francés deforestouse moito debido a que se empregaba as árbores pra faceren canóns contra os gabachos soviéticos e logo polo emprego masivo de ovellas e cabras que paparon todas as crías de árbores, ata que Miguel Primo de Rivera as fixo fusilar por antiespañolas e reforestou toda Galiza pra facer dela unha colonia interior do imperio español que lle fornecese de madeira.

Cultura[editar]

Cotobadenses famosos[editar]

Parroquias[editar]

V  C  E h
Bandeira de Galicia.jpg Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cotobade
Escudo de Cotobade.jpg
Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Corredoira (San Gregorio) | Loureiro (Santiago) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cotobade.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca de Pontevedra
Comarca de Pontevedra
Barro
Barro
Campo Lameiro
Campo Lameiro
Cotobade
Cotobade
A Lama
A Lama
Poio
Poio
Ponte Caldelas
Ponte Caldelas
Pontevedra
Pontemerda
Vilaboa
Vilaboa
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa