Covipor

De Desgalipedia
Mapa de Covipor.

Covipor é unha megalópole lusogalaica do Noroeste da Península Ibérica.

Orixe[editar]

Covipor surxiu da fusión de Coruvigo con Porto, tras varios anos de conurbacións e pasar de alcaldes localistas consegiuse unir o eixo atlántico.

Historia[editar]

Prehistoria[editar]

A finais da Era Capitalista as conurbacións das cidades de Ferrol, A Coruña e Vigo deu lugar á megalópole de Coruvigo que fixo concentrarse moito capital nesta esquina da Península Ibérica, debido a que Cataluña e País Vasco se independizasen e que Valencia se caese de pura decadencia corrupta, polo que Madrid e Washington decidiron concentar capital nesta esquina pra así unir Portugal a Españistán tras resucitar a Xosé Saramago.

Grazas a que o Noroeste estaba en moi boas condicións tralas 9 lexislaturas seguidas de Alberto Núñez Feijóo e que a man de obra estaba moi baratiña, púxose a terra a prezo de risa e cunhas cantas subencións a empresas aterraron miles de empresas asiáticas que trouxeron algún que outro escravo chinés e así conseguiron repoboar Galicia, medrando Coruvigo e expandíndose cara Oporto, a cidade rival de Vigo e coa que finalmente se uniu.

Historia[editar]

Covipor a día de hoxe.

A finais do século XXII consegiuse unir a tódalas cidades da costa atlántica occidental. Trala firma dos alcaldes Ho, Chi e Mín creouse esta megalópole, sendo a primeira concentración poboacional da Historia e comezando o despegue económico desta euroexión (a despeito de Castela que se quedaba sen poder invadir Portugal polo ramal AVE Lisboa-Madrid) o auto foi bendecido polo lama (un crego budista) Antón Guelupa no santuario de Panoias co fin de pechar o ciclo cósmico de unión do pobo dos galaicos pro fin e para sempre.

Cultura[editar]

Arte[editar]

Debido á reunión do pobo galego (por fin se uniu Galicia con Galicia do Sur) a arte galega voltou resurxir no seu esplendor creando arquitectura totalmente de horror vacuii ao unirse o barroco rexionalista co manuelino.

Véxase tamén[editar]

Outras megalópoles[editar]