Crecente

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Crecente (homónimos).
Crecente
Escudo de Crecente
Lúa minguante.jpg
Situación
Situacion Crecente.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Pontevedra
Comarca Paradanta
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Crecente é un concello do interior da provincia de Vigo onde adoran ao deus da Lúa, e ós García-Luengo, deuses dos cartos.

Historia[editar]

A estación de tren de Filgueira co primeiro castromil en 1890.

Crecente comezou a estar habitada cando os castrexos viñeron por esta zona a plantar seus castros e comezar a extracción de ouro e estaño (pra aliaxe co tunsteno e crear aluminio), así como manter limpa Cortegada de humanos.

Nos anos 80 do século XX pasou por aquí o tren dos modernos da Movida de Madrid a Vigo e pararon a vomitar en Frieira dos bébedos que ían facendo que os bigotes do xefe de seguridade de Renfe que subía nese intre se lle quedaran os bigotes iguais que os de Salvador Dalí. Desde entón a familia García-Luego domina esta localidade mediante o uso da democracia, o poder do Demo como ben dí a palabra ésa, e tamén Valongo, Cortegada.

Grazas a Franco esta zona está empantanada de néboa co embalse de Frieira, onde vive Nessie e hai unha base segreda se submarinos voadores que atraen a moitas rapazas a parcticar nudismo entre as praias de barro cando baixa a marea.

Xeografía[editar]

Ocupa o val do río Miño centroso inferior, na curva criminal que pega xusto anes de servir como fronteira coa república portuguesa. Situado baixoa férula de A Cañiza e tentando que Portugal non invada Galiza, grazas ó seu castelo de Fornelos, onde Pedro Madruga tiña súa fortaleza infernal usada tamén como prisión de bispos malos de Tui.

No pleistoceno fórmanse as terrazas do Miño debido á sedimentación dos períodos interglaciares, os distintos aluvións traeron e levaron suficiente material como pra erguer un Himalaia. O volcán de Sendelle permitiu a conservación dun clima tropical e neboento durante gran parte do ano. Limita con Arbo, Melón e A Cañiza, iso a nivel de terra, logo do outro lado do río están Melgaço, Padrenda, Pontedeva, Cortegada e A Arnoia.

Economía[editar]

Os de Crecente viven das subvencións que reciben por parte do Estado español pra defenderen a fronteira contra Portugal, que sempre anda reclamando a antiga provincia de Toroño e Limia como súas, que si antes Galicia do Sur tamén era portugal e bla, bla, bla, blablabala...

Por iso Crecente fixo o encoro de Frieira e si ven ó exército luso atravesr o Miño abrenlle e os barren da face do río, aínda que a maioría do tempo están a pescar lampreas e barbos nas murallas furadas que hai polo Miño abaixo e contrabandean con produtos que están mais baratos en Lusolandia que en Españistán.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Bandeira de Galicia.jpg Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Crecente
Escudo de Crecente.jpg
Albeos (San Xoán) | A Ameixeira (San Bernabeu) | Angudes (San Xoán) | Crecente (San Pedro) | Filgueira (San Pedro) | O Freixo (San Roque) | Quintela (San Caetano) | Rebordechán (Santa María) | Ribeira (Santa Mariña) | Sendelle (Santa Cruz) | Vilar (San Xorxe)

Lugares de Crecente[editar]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Crecente vexa: Lugares de Crecente.

Que ver e monumentos de Crecente[editar]

  • Castelo de Fornelos: castelo de Pedro Madruga, restaurado con subvencións pero non se pode ver ben porque está dentro dunha viña enorme privada que deixa medrar árbores arredor do castelo para que as raíces o tumben. Os parvos da National Geographic situaban aquí de form aerónea a Batalla de Fornelos (entre Vikingos e o Arzobispo de Santiago).
  • Mosteiro de Albeos: nin sequera está sinalizada así que o fago eu: chegas pola nacional ata Albeos e paras ao pé dunha poza e un camiño, se miras pra arriba está a igrexa parroquial pero ti tés que ir para abaixo por un camiño dereitoso entre casas e chegas a unha especie de cruce entre varias casas e méteste para dentro dun pasillo que vai a dar a unha casa particular e miras pra dereita e aí está! A fachada dun mosteiro románico en ruínas, abandoada e sen sinalización.
  • Virxe do camiño: situada no monte pola estrada que comunica Crecente capital coas parroquias montañesas de A Ameixeira, sen sinaliar tamén (onde carallo meten os cartos das subvencións neste concello!?!?!).
  • Igrexa de Crecente: con restos románicos onde viviu San Paio, un neno cristián que foi a Al-Andalus a quentar ao califa con bailes eróticos e cando lle dixeron que puxera o negouse e por iso lle cortaron o cerebro xa que el quería cobrar antes!!
  • Igrexa de Filgueira: cun cruceiro portugués no adro e outro no camiño estrada que baixa de Guillade (desde onde podes ver o mar Miño).
  • Pazo da Fraga: onde os fidalgos vixiaban cantas persoas pasaban pola ponte de Frieira e lles cobraban.
  • Frieira: ollo cando vais pedir un billete de tren non vaia ser que te confundas dicindo Filgueira por Frieira que che cobran mais! Desde a ponte de Frieira podes ver o colosal embalse e si queres facer puenting ou saudar aos de Cevide, o pobo mais norteño de Portugal. Logo podes baixar á beira do Miño cheo de pedras pero coidado que podes espertar ao espírito do Zeca Diabo, o comandante cabrón da GNR.
  • Pazo de Barreiro: onde está a misteriosa loxia de Águila roja.
  • Alto de Sendelle: con vistas panorámicas do canón do Miño.
  • Castro de Sabanle: onde atoparon un pedazo de estatua dun guerreiro galaico... que podes visitar no Museo de Vigo.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Crecente.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca da Paradanta
Comarca da Paradanta
Arbo
Arbo
A Cañiza
A Cañiza
Covelo
Covelo
Crecente
Crecente
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa