Crego

De Desgalipedia
Típico crego de aldea.


Persoa con superpoderes que loita contra o Diaño axudado por Deus para que poder vivir sen traballar, que a xente lle dea cartos dándollas gracias e foder en mulleres,mozas,moziñas e raparigos afeminados(ou sen afeminar),algúns teóricos da conspiración pensan que se trata de persoas da especie parásitus roedoris da familia Timadoreitor, estando moi extendido por países do Tercer Mundo ou que ven demasiado a televisión.

A pesar dos seus superpoderes trae mala sorte levalos nun barco, por iso nin sequera se fala de cregos cando se sae a facer a marea, e incluso si se leva unha estatua dunha virxe no barcoo crego déixase en terra, non vaias ser que rematen no fondo do mar.

Características[editar]

O seu corpo mide entre 1,50 e 1,90,pesando entre 70kgse chega ata 1 tonelada de peso(xa que come como un cura),presenta dimorfismo sexual con grandes apetitos sexuais pervertidos e desviados pola súa ideoloxía reaccionaria.

Comportamento[editar]

É habitante habitual de templos,santuarios e palacios, desenrola a súa actividade durante o día buscando e consumindo cerebros humanos aos que meterlles ideas estrambóticas na cabeza pra que logo lle regalen cartos e lles deixen á súa dona pra foder nela;a veces soe saltar á televisión(sobre todo os domingos pola mañá) para captar á xente nova que volta do botellón coas ideas confusas para así pescalos, por outra banda soe manter conversas segredas con políticos tanto do PP como do PSOE, chegando a introducirse na Masonería(e crear a Orde Illuminati) e manter grandes relacións comerciais con sectores conservadores.

Estos suxeitos teñen grandes problemas de reproducción ,xa que lles está vedado practicar o sexo, razón polo cal pecan no pecado do lado(a gula)comendo coma un cura, ou sexa moito e ben; nembargantes ténse documentado comportamentos perversos ao descubrirse que moitos deles gostan da pederastia(ou sexa de catar aos neniños como a meiga chuchona,caso de Marcial Maciel)ou de facer que as mulleres baixen as bragas na súa presenza, pra iso soen vestir de negro, tipo Matrix, co fin de provocar ao subconsciente femenino facéndolles pensar que a sotana é unha enorme pretina.

Taxonomía[editar]

Chegáronsea nomear ata 20 especies difrentes, pero co decorrer do tempo e da extinción humana(que de existir tres tipos diferentes de humanos quedou todo nunha soa especie humana extinguíndose os Neanderthais):

  • Crego Comenenos:este tipo de cregos soen maltratar nenos e logo son ocultos polos seus propios bispos.
  • cregus Cunnilingus:nunca deixes á túa muller ou filla a soascon este especimen!
  • cregus Rojvs:cura xa extinto, que viviu a finais do Cretácico na España de finais do Tardofranquismo, rebotándose contra da dictadura de Francisco Franco,fundando sindicatos,comunas,repartindo pílulas anticonceptivas,indo cos pobres,etc.
  • cregus abatensis:ou abade,o crego mais burro,se es mais burro que un abade mal vas.¨
  • cregus televisivus:típico crego que tenta saír maior número de veces en televisión, crñendose que é moi valioso.

Refraneiro[editar]

O crego coa súa criada.
  • A crego novo, sancristán vello.
  • A facenda do crego, dalla Deus e cómenlla os herdeiros(o fillo tido en concubinato,ou os sobriños).
  • A mal abade, mal sancristán.
  • A ruín abade, ruín monaguillo.
  • Abade de aldea, moito canta e pouco medra.
  • Abade de bamba, o que non pode comer daio pola súa alma [1].
  • Abade de moita bamba, que di que non come e ben que se farta.
  • Abade que comeu da ola, inda ás veces quer da cazola.
Ficheiro:Monk sneaking a drink.jpg
Abade que foi monaguillo, ben sabe quen bebe o viño.
  • Abade que foi monaguillo, ben sabe quen bebe o viño.
  • Como canta o abade respóndelle o sancristán.
  • Con abades non rifedes nin vos metades.
  • Con abades, nunca preitos teñades(porque teñen contactos nos tribunais e na policía).
  • Crego moi predicadeiro, non é o máis esmoleiro.
  • Crego viaxeiro, nin mísere, nin miseiro.
  • Cregos e frades e mouros, quen viu un viunos todos.
  • Cregos, frades, curuxas e choias, dou ó diaño esas catro xoias.
  • Cregos, frades, pegas e choias, dou ó demo istas catro xoias
  • De crego a frade non hai máis que votos.
  • Dispois que os cregos xantan, culleres sobran.
  • En cas do abade, comer e levare.
  • Na casa do abade, comede e levade.
  • Na casa do cura sempre hai fartura.
  • Na casa do señor cura, cando non chove barruza [2].
  • Non se acorda o señor cura de cando foi sancristán.
  • O abade de aldea, se ben xanta millor cea.
  • O abade do que canta, xanta.
  • Ó abade e ó xudío, dalles un ovo e pedirancho fritido.
  • Ó abade moi falangueiro, gústalle andar polo rueiro.
  • Ó abade roupa nova e por limpar.
  • Ó abade vello, polos e coello.
  • O abade, onde canta é onde xanta.
  • O crego e mais o raposo, se perden a mañá, perden o día todo.
  • O cura nunca fai veciño.
  • O que é bo abade, fai bo do mal sancristán.
  • O que o cura ten de delgado, teno de gordo o beneficiado
  • Ó teu abade dille sempre a verdade.
  • Onde canta un crego e ornea un burro, alí nunca falta un peso duro.
  • Onde hai un crego enriba de albarda, sempre hai hora millorada.
  • Onde o crego canta, alí xanta
  • Se ben canta o abade, nono fai mal o monaguillo.
  • Tal o abade, tal ás veces o sancristán.

Cantigueiro[editar]

Típico crego do Opus.
  • Ai, pimpín, saralelo,/ ai lelelo,/ a criada do cura/ ten un neno,/ ten un neno/ pequeniño/ que de nome lle chaman/ Manoeliño. * * Cando a lebre diga misa/ e o coello seia abade,/ deixarei o meu querer/ por coller a túa amistade.
  • ¡Canto limón pola tina,/ canto limón pola eira!/ Cantas fillas de María/ ten o cura de Palmeira.
  • ¡Canto limón pola tina,/ canto limón polo chan!/ Cantas fillas de María/ ten o noso capellán.
  • Eu ben vin estar o crego/ tendendo nos cueiriños,/ dixen para Dios e min:/ Este crego ten meniños.
  • O crego cando vai fóra/ déixalle dito á criada:/ Veña tarde, veña cedo,/ déitate na miña cama.
  • O crego da miña aldea/ ten as cirolas rachadas/ que llas rachou a silveira/ por correr tras das criadas.
  • O crego de Escravitude/ leva a criada na burra,/ na primeira carballeira/ dálle unha sacudidura.
  • O crego e maila criada/ botaron o pan no forno,/ e os pequenos lles dicían/ nanai, teta, papai, bolo.
  • O crego foi ó muíño/ meteu a cabeza dentro,/ trouxo fariña na croa/ para facer o formento.
  • O crego foi ó muíño/ co cenico na cabeza,/ escorréronlle as chinelas,/ alá vai de cu na presa. [3]
  • O crego que che casou/ debía de estar borracho/ porque non che preguntou/ se eras femia ou eras macho.
  • O cura chamoume rosa/ eu tamén lle respondín:/ destas rosas, señor cura,/ non as hai no seu xardín.
  • O cura de San Martiño/ éche moi bo confesor,/ que confesou á criada/ debaixo do cobertor.
  • O cura e maila criada/ ordenaron de cocer,/ tiñan a leña no monte/ e a fariña por moer.
  • O señor cura de Boiro/ ten a camisa rachada./ Viva o noso de Cespón/ que ten nove na colada. [4]
  • O señor cura non baila/ porque di que ten coroa,/ baile, señor cura, baile,/ que Dios eso llo perdona.
  • Señor cura, señor cura,/ inda se lle tolla,/ inda se lle pudra;/ eu teño entendido/ a botonadura/ do seu calzoncillo.
  • Señor San Bartolomeu/ feito de pau de laranxo/ quen che mandou dar pintura/ foi o cura de Rianxo. [5]
  • Señor San Bartolomeu/ feito de pau de sanguiño/ líbrame, santo bendito/ do lobo de Rianxiño. [6]
  • Ter (moita) bamba é vivir con ostentación, máis aparente que real.
  • Barruzar é caer unha chuvia miúda pero constante.
  • O cenico é un “saco pequeño, un saquete ou bolsa grande.
  • Cespón é parroquia de Boiro.
  • Refírese a unha capela dedicada a este santo, nuns cons de Rianxo.
  • Rianxiño é un lugar da parroquia de Santa Comba de Rianxo .