Cristianismo

De Desgalipedia

O cristianismo (da verba en grego antigo Χριστός, Khristós (Cristo)) é unha relixión inventada por San Pablo e reformada ao longo de 2000 anos de existencia e que asola todo o planeta Terra.

Orixe[editar]

Típica familia cristiá.

O Imperio Romano dominaba Oriente próximo, Xesús de Nazareth tentou liberar Euskasrael das lexións pero debido á doctrina parot foi cruficicado, torturado e sepultado; mais varios dos seus amigos non sobrepasaron o trauma e comezaron e decir que se lles aparecera de novo e que cedo baixaría Deus e poría a todo o mundo no seu sitio.

Así as poucos comezaran a extenderse, ao principio era un seita pequena pero como admitían tamén a xentís e xudeus por igual tiñan mais éxito, o amlo era que os novos conversos eran un pouco extremistas e a veces soían matar algún pagán e tentaronamis dunha vez dinamitar o templo de Xerusalén pra facer ver que xesús profetizara o seu fin. Debido a isto comezaron a ser perseguidos pola Garda Civil.

Un cabo, Saulo de Tarso, xa s eiba pra casa fumando unha china que lle confiscara a un moro cando o chamaron polo walkie pra que fora a Antioquía a axudar nunha redada sorpresa contra os cristiáns, mais no camiño bateu cun Ovni, que o secuestrou; logo no hospital de Endovelico tentou pasar páxina e dixo que fora agredido polo deus dos cristiáns, éstes achegáronse a él e comezaron a tocarlle o cimbrel tanto que rematou él por facerse crsitián e vendo que non tiñan moita organización comezou éla poñer orde.

Organizou a seita en filiais federais en cada cidade, desfíxose dos rituais molestos pros helenistas (sobre todo ése de cortarse certo aparato) e comezou a enviar misionairos (estilo Testemuñas de Xehová) de porta en porta e agasallando cun consolador modelo Armaggedón pra mas de casa. Esta política tivo moito éxito e cedo o cristianismo saltou de Israel ao resto do Imperio.

Debido a que o Imperio Romano adoraba a tódolos emperadores como deuses e os cristiáns se negaban a facelo foron perseguidos por política e mataron a algún que outro, pero debido á presión das señoras dos senadores e a muller do César era moi preas remaaron por convertirse toso os romanos ao cristianismo, e claro os deuses os castigaron facendo que caíse o Imperio Romano en mans dos bárbaros e viñeses a Idade Media, aparte diso fixeron que a Igrexa católica se dividise en CAtólicos e ortodoxos.

Durante séculos a Igrexa católica dominou ó cristianismo, mais debido á corrupción dos bispos abrollaron múltiples reformadores relixiosos que tentaron purificar o cristianismo, algúns non o conseguiron ao ser asasinados (Prisciliano, Jan Hus) e outros tiveron mais éxito (Lutero, Calvino, Enrique VIII de Inglaterra), creando o Protestantismo.

Hitler saíndo da misa.

Coa creación dos USA, aínda surxiron mais seitas dentro do cristianismo (baptistas, redentoristas, testemuñas de Xehová, evanxelistas, episcopalianos, reintegratas etc). No século XX o cristianismo atopábase por todo o mundo tentando ser imitado en tódolos países, mais debido á chegada de Hitler e o seu uso contra a URSS fixo caer no descrédito esta relixión, aparte do Imperialismo europeo que tamén a usou e a hipocresía dos dirixentes das distintas igrexas cristiás (católica, ortodoxa, anglicana...) en diferentes crimes fixo que perderan adeptos e logo o poder político que ostentaran e só usaran pra facerse catedrais mais grandes e os bispo ter báculos e aneis con mais ouro e pedrerías.

Crenzas[editar]

O cristiansmo cre que só existe un deus (ao que chaman Deus, que orixinal!) pero que son tres á vez,que creou todo e o que él quere é un misterio e non o sabe nin o Papa; os bispos supoñen que o home lle fixo algo malo a deus, que a pesares de ser amor e ser mais poderoso que Manuel Fraga, castigou á súa creación polos séculso dos séculos, ata que baixou o seu fillo, Cristo, e se ofreceu en sacrificio a seu propio pai pra que perdoara aos homes e suponse que ahí é cando Deus perdoaraá a todos aqueles que cren nel e sigan as sús ordes. A pesar diso rematará por destruir o mundo e baixará a impoñer un goberno mundial ao memso tempo que fai resucitar a todos os mortos e os xulagará, enviando ao Inferno ós malvados, ao Purgatorio os menos malos e ao Ceo os bos.

Para ser bos hai que crer en deus, facerlle caso ao crego, escoitar os medios de comunicación propios do cristianismo (COPE, Edicións Atalaia, Herald House, Editorial pelegrino, Ed San Pedro, Radio María, canal 13, Almavisión, Fuego TV, Tele Triunfo, Esperanza Tv, Ondas de Amor, etc) e cando morras deixarlle todo ao relixioso que ti elixas pra que recen por ti durante 500 anos e así te salven do inferno (que os pecados pensados e non cometidos tamén contan).

Prácticas[editar]

O demo en realidade é un criado de Deus.

Destacan sete rituais:

  • Bautismo: secuéstrante de bebé teus propios pais e te meten nunha relixión sen che preguntar en qué queres crer e che botan por riba da cabeza auga quente e che fan sobre cabeza figuras esotéricas con aceite (si se trabucan de aceite e chas fan co aceite dos mortos despois vas ver pantamas durante toda a túa vida).
  • Comuñón: subórnante con agasallos pra que te vistas de soldado (de mariña) ou de novia.
  • Confirmación: durante meses cómenche a cabeza con palabras moi bonitas (xusticia, igualdade, pureza, compromiso, sociedade) pra que vaias a un ritual colectivo onde só che fan un festín e si che regalan algo é bispo que che dá unha colleja.
  • Eucaristía: ritual durante o cal se le pedazos da Biblia e se invocan espíritus pra que nos protexan.
  • Penitencia: tes que ir a unha cabina escura onde un crego che obriga a que lle contes en qué pensas mentres te masturbas ou cantas veces o fas coa muller e cómo e onde..e despois obrígate a rezar unha serie de oracións (pero non che dá un diploma acreditativo de perdón ds pecados). Os Protestantes eliminaron esta cousa, e según os historiadores católicos houbo miles de suicidios de protestantes ao principio porque como estaban acostumados a contar os seus pecados e agora xa non pois reventaban por contarllos alguén de confianza e comonon tiñan sucicidábanse.
  • Orde sacerdotal: serie de rituais polo que fan que os curas teñan poderes sobrenaturais cos que poder ler a Biblia sen quedar cego.
  • Matrimonio: ritual colectivo onde tes que ir onda un cura a que che permita foder á túa muller ou mozo previo pago duns euriños de nada.
  • Unción de enfermos: Estás agonizando? non chames ao médico chama ao cura que che bote enriba unha pinga de aceite con superpoderes e así irás más rápido e sen dor cara o Alén (Que non o cres? Pois mira a Xoán Paulo I que lle meteron un pipote de aceite dos mortos no corpo e xa ves o que durou no cargo...)

Festividades[editar]

Tódalas festividades cristiás son copiadas do paganismo e de tradición agrícolas.

Símbolos empregados[editar]

  • Peixe.
  • Unha P cunha X enriba.
  • Cruz esvástica.
  • Ollo de Orus.
  • Martelo de Reve.
  • Palma de Ogu.
  • Escadra e compás.
  • Estrela de David.
  • Fouce e martelo xunto con estrela de cinco puntas.
  • Corazón atravesado por seis puñais.

Seitas cristiás[editar]

Seitas católicas[editar]

Seitas protestantes[editar]

  • A igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días, ou Mormóns.
  • Igrexas Evanxélicas.
  • Testemuños de Xehová.
  • Calvinismo.
  • Anabaptismo.
  • Pollantismo.
  • Politeísmo.
  • Poliandrocismo.
  • Pentecostalistas.
  • Bautistas (fundada por Teddy Bautista).

Terrorismo cristián[editar]

Cristiáns antikebabs destacados.png
  • IRA.
  • ETA.
  • Legión de San Miguel Arcangel.
  • Frente de la Juventud.
  • Resistencia Galega.
  • Frente de Liberación Nacional de Turinpia.
  • Exército Republicano Provisional Irlandés.
  • Exército de Resistencia do Señor(en Uganda).
  • Movemento de Resistencia Afrikáner.
  • Nación Aria.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cristianismo.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Grandes fantasías relixións do mundo
Igrexa sorrinte.jpg
Ateísmo‎ · Budismo‎ · Confucianismo‎ · Creacionismo · Cristianismo‎ · Esoterismo · Hinduísmo · Islam‎ · Laicismo
Paganismo · Pastafarismo · Politeísmo · Rastafarismo · Restauracionismo‎ · Taoísmo‎ · Xintoísmo · Xudaísmo‎ · Zoroastrismo‎