Cristina Pato

De Desgalipedia
Cristina Pato
CristinaPato.jpg
Cristina Pato pillada na ComicCon de Ourense.
Nome completo
Alias
Naceu
Orixe
País {{{país}}}
Morreu
Ocupación (s) gaiteira galega
Xénero
Instrumento(s) Gaita galega
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con
(sexualmente)
Tempo en activo
Web

Cristina Pato é unha artista galega famosa por menear as guedellas cal rock star. Foi a primeria muller gaiteira que grabou un disco e saltou á fama co seu look de bakaleta inmersa nunha rave folkie luareira.

Vida e gaiteiradas[editar]

Nada na Galicia profunda a finais do século XX no seo dunha familia pequeno burguesa pero con fortes raíces no Mesozoico galego, como a rapaza era moi mala estudante metérona no Conservatorio a ver se alí soaba a flauta... e soou. Gracias a que conservatorio de Ourense se atopaba nunha zona marxinal Cristina atopou alí moitas melodías musicais nas que beber para voltar ó día seguinte co fígado mais musical pero menos saudable. Un día aparecéuselle o deus Bandua tras rezar no seu templo das Burgas e dotouna do poder de expelir notas musicais en re menor xunto con respiración circular e corpo escultular pra namorar á sociedade do espectáculo.

Como non tiña outros estudos cos de piano e gaita apreoveitou que estaba de moda as músicas do mundo nos anos 90 (xa que todo mundo pensaba que o fin do mundo estaba cerca e querían abandonar seu pasado rockeiro e pecador) publicando un disco, ó que titulou "Tolemia" e pra presentalo nos mass media tingiu as guedellas de cor verde fosforiño e facía que tocaba a gaita en Luar coma se estivera dándolle a unha guitara eléctrica posuída polo espírito de Angus Young. Gracias a este look seduciu ás cámaras e botou a andar polo mundo adiante co outros músicos e algún que outro gaiteiro celta resucitado gracias ás artes de Manuel Murguía. Algunhas malas linguas, como a do Chino Cudeiro (un ex amigo seu de Cudeiro, Ourense) afirman que nese intre foi cando vendeu a súa alma ó demo tras sacrificarlle tres patos (dous brancos e un negro) no lugar da Carballeira, nunhas datas que coinciden cun avistamento de Niarlathotep en tal lugar (aínda que Bruno Cardeñosa afirme que era un ovni enviado polo Ministerio de Interior para manipular á xente e que ésta non vise que un misil se lle fora das mans).

Cristina Pato deixando Ourense en ruínas ó non lle poñer o acalde unha rúa co seu nome.

Tras ver que o mundo non se cababa en 2001 sacou outro disco, "Xilento" (que en linguaxe segreda dos afiadores significa "comebolsas") e saiu de xira con outros músicos do Noroeste da Península Ibérica (sobre todo con algúns de Galicia do Sur.) Nesta xeira namorou a Jay Z e consegiulle un contrato con Sony Music tras ameazalos con que a moza lles tocase a gaita cun amplificador de agudos de 300 MhZ Vocoder, e levouna pros Estados Unidos de América excusándose ante seus pais que se iva pra aprender mais e mellor a tocar o piano (cando todo o mundo sabe que o mellor sitio é Alemaña ou Austria por iso do Romanticismo). Aló nas Américas obtivo un grami de fariña de Colombia, grazas á cal puido seguir dándolle ás guedellas ó vento facendo hanbaging a velocidades superiores ós Match 3. Alí casou en segredo con Yo-Yo Ma, un direktororchestratenführer, que a echufou en varias das súas sobras como pianista e indo con el a varios concertos, mass media e a darlle á pandeirada.

Influxo na cultura popular[editar]

  • Animou a moitas outras mulleres a ser gaiteiras.
  • Serviu como inspiración para crear á heroína de Banda deseñada, Aphrodite IX.
  • Sae en tódolos recopilatorios do Luar.
  • Reanimou o folk galego co seu look de asistente a raves bakaletas.

Desgalería de imaxes patunas[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cristina Pato.

Outros artistas[editar]