Cristovo Colón

De Desgalipedia


Cristovo Colón
[[Ficheiro:Cristovo Colón-01.jpg|]]
Información
Nacemento 1451
Descoñecida, moi aínda digan que sexa na República de Xénova
Falecemento 20 de maio de 1506
Valladolid, Banderaespaña.png España
Nacionalidade Descoñecida
Profesión Navegante e cartógrafo. Almirante, vicerrei e gobernador xeral das Indias.

Cristovo Colón foi un explorador europeo que lle roubou a fama de descubrir América aos vikingos, incas, exipcios, etc etc.

Traxectoria[editar]

Orixes[editar]

Cristovo naceu en Andalucía, Italia, Grecia, Illas Baleares, Croacia, Cataluña, Córsega, Portugal, Euskadi, Galicia, Inglaterra, Francia, Portugal [Cómpre referencia] fillo dunha familia chea de fillos a reventar polo que o venderon aos piratas para que o mantivesen, sendo educado nas artes da guerra pola Orde de Malta, poderosos corsarios cristiáns do Mediterráneo, que tamén o educaron nas artes amatorias.

Grazas a elas conseguiu casar cunha dama da alta sociedade portuguesa, alí presentou o seu proxecto de chegar a Xapón indo polo Atlántico antes que ir por Oriente, pero debido a que os matemáticos da corte de Lisboa lle puxeron os datos diante Cristovo marchouse á corte de Castela, xa que alí os Reis Católicos non tiñan ningún interese na ciencia e claro foron enganados facilmente por Colón e lle prestaron unha frota de barcos para ver que había mais alá.

Expedicións[editar]

Afortunadamente para Colón atoparon terra mais alá do Atlántico e así salvouse do motín a bordo da Bountypinta e de que Sabela I de Castela lle pedira as xoias (que Colón xa agasallara a unha puta menor de idade), ademais alí na primeira illa que atoparon había moita xente nova e de bon ver, polo que os secuestrou enganándoos dicindo que os ía levar ao festival Viña del mar.

Cando Colón regresou en vez de ir deica Andalucía foi dar a Baiona, onde os nativos americanos caeron na depresión ao ver que os trasladaran a un lugar invernal e por iso se convertiron ao Cristianismo inmediatamente. Debido a que tivo moito éxito repartindo mulatas entre a corte dos reises déronlle mais financiación para regresar ao que eles pensaban que era Xapón a ver si dunha vez por todas atopaban Otakus para humillalos e queimalos nas prazas principais de tódalas cidades españolas. Desta vez desembarcou en Porto Rico para enviar españois alá e que ocupasen terras antes que os portugueses llas tomasen. No terceiro viaxe chegaron até Venezuela onde foron recibidos a frechazos polas tribos chavistas que serían destruidas polos terratenentes e soldadescas castelás. Cando Colón regresou á Península Ibérica descubriu que os reis católicos o foderan ben fodido xa que lle cambiaran as cláusulas do contrato capitulacións de indias que firmaran ambos e lle desfixeran o monopolio de Indias.

No cuarto viaxe Colón pasou por Xamaica onde botou moitísimo tempo e se pasou ao Rastafarismo, asi que cando regresou ao Reino de España o meteron preso, onde morreu rico e multimillonario.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cristovo Colón.

Outros exploradores[editar]