Cruceiro

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cruceiro (homónimos).
Os Cruceiros fixéronse para isto...

Un Cruceiro é unha cruz monumental de pedra situada nun cruce de camiños.

Orixe e dixievolución[editar]

Os malvados sempre os aproveitan para atar a eles a Supergirl ou Wonder Woman! será polo tema fálico dos cruceiros?

Os cruceiros non son galegos, foron traídos por peregríns do Camiño de Santiago que viñan de Bretaña esmeraldina, provinte da tradición dos celtas de ter un pedrón no lugar de celebración das Oenaga (onde tamén se enterraban aos mortos e se libraban batallas) e colocaban pedras para fixar a seus mortos a ése lugar para librar aos vivos dos mortos.

A finais da Idade Media comezan a construirse na Península Ibérica, en Valencia son usados como pedras de término e na Galiza como lugares sagrados, xa que nos cruceiros se poden depositar ofrendas por pedidos e mesmo ir curar o tangaraño (raquitismo) e neles pódeste salvar da Santa Compaña (grupo de mortos guiados por un vivo).

Nos anos 90 do século XX, en pleno Fraguismo, moitos cruceiros de aldeas foron roubados xa que estaba de moda poñer un cruceiro na finca do chalet.

Tipos de cruceiro[editar]

  • Cruces: unha cruz chantada no chan, moi en plan Philip Glass.
  • Cruceiros: Unha cruz sobre unha columna alta (co seu capitel, fuste e basa).
  • Cruceiro de Capeliña: na costa coruñesa, baixo a cruz ten una capela cos deuses Anubis e Osiris.
  • Cruceiros do demo: onde o demo se pon a seus pés a facer fogueiras e agardar a seus clientes.

Iconografía dos cruceiros[editar]

Os obxectos representados nos cruceiros son moi variados, pero a maioría ten algo disto:

  • Un Xesús de Nazareth torturado.
  • Ferramentas para a tortura (así as sacas da pedra e fas vudú no crucificado pensando na persoa á que odias!!), entre elas podemos atopar unha escaleira (para rubir ao crucificado e vudualo) un látego, un Fluggegecheimen, unha coroa de toxo, etc.
  • Unha Virxe, para que sacrifiques a Satán!!!
  • O espírito santo, un espírito que vaga ao pé do cruceiro e che dá consellos gratuitos... e por iso ninguén lle fai caso.
  • Cabezas cortadas, aínda que os cregos e curas din que son cabezas de anxos ou santos ti non lles fagas caso! Son cabezas cortadas en sacrificio cruento para os deuses cónicos e estalares a quenes está dedicado o cruceiro!!!
  • Unha parella hetero en pelota picada, son a parella da profecía que há traer o Anticristo a este planeta, está representados aquí para que cando os vexas pola rúa os recoñezas e acabes con eles!!

Escultores[editar]

Debido ó carácter perverso e blasfemo dos cruceiros (a ver quen é o devoto que representa a seu deus non triunfando senón fracasando estrepistosamente ante o Imperio Romano!), a maioría de seus autores están no anonimato para fuxir ó castigo da Inquisición española, afortunadamente no pé dalgúns cruceiros tiveron aosadía de taquear seu nome:

Desgalería de imaxes[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cruceiro.

Outros artigos[editar]