Cuñado

De Desgalipedia

O Cuñado é o irmán da túa parella.

Características[editar]

Vostede e o seu cuñado coa túa muller.

Debido a ese factor, iso aumenta o seu valor exponencial (positivo ou negativo) sen chegar a ter que foder con el mais sendo bos amigos, ou que deberían envialo nun campamento de verán da SS. Segundo a moi Sagrada biblia da igrexa satánica de Galicia o cuñado creouno o Altísimo para foder ós humanos cando estes inventaron o paraugas e así seguir a fodelos igualmente. Esta historia bíblica amósanos que o gran Deus Pai sempre estará aí e senón pregúntalle ao teu psiquiatra antes de que che dé pílulas azuis aínda que a teoloxía moderna descubriu que esta historia amosa unha confabulación cósmica segundo a cal o cuñado é un anxo gardián, un espíritu enviado por Deus para vixiarnos e axudarnos, dando consellos que ninguén pide ou amosándose altamente irritante e así sabemos cómo NOn hai que comportarse.

Tipos de cuñado[editar]

  • O Facha: ése que sempre está cuspindo polo colmillo e falando mal dos extranseiros, dos sociatas, dos veciños, das mulleres liberadas, da policía (cando non fai o que el quere), de ti e de teu home/túa muller.
  • O Santo: ése que nunca fai nada pero todo o mundo o quere e cando a espicha veñen miles de persoas que nin o coñecían do día a día!
  • O pedichas: soe aparecer a principios de mes e axúdache a liberarte do peso da túa carteira.
  • O bo cuñado: a última vez que o viron foi antes do Diluvio universal.
  • Cuñado amigo: ata que todo explota.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]