Cuba
República Castrista de Cuba. | |||
---|---|---|---|
| |||
Capital • Poboación |
A Habana. | ||
Cidade máis poboada | Moscova | ||
Linguas oficiais | Español | ||
Forma de goberno | Ditadura revolucionaria. | ||
Compañelo |
Calixto García, José Martí, Carlos Manuel de Céspedes, Fidel Castro. | ||
Idade de Pedra. | Vai ti saber cando. | ||
• Total | n/d | ||
• Total | 3 millóns de mulatas, 6 millóns de mulatos, 0.5 millóns de turistas de ocio, 1,5 millóns de axentes imperialistas que tentan sabotear a revolución cubana. hab. | ||
• Densidade | n/d | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
Xentilicio | Cubano | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | n/d | ||
Prefixo telefónico | n/d | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | n/d | ||
Membro de: ONU, OEA, OEI, ALBA, ALADI, G20, G77, NOAL, Grupo de Río | |||
1 A revolución cubana segue adiante, Patria ou morte compañeiro! |
Cuba é a rexión liberada do capitalismo opresor inhumano no Mar Caribe.
Índice
Historia[editar]
- Artigo principal: Historia de Cuba.
Cuba foi fundada polos soviets democráticos dos taínos, guanajatabei e cibonei reunidos en asemblea popular e democrática conseguindo unha civilización feliz, democrática e non opresora nesta illa.
Colonización e dominio español (1492–1898)[editar]
- Artigo principal: Capitanía Xeral de Cuba.
A finais da Idade Media Cuba foi invadida e a súa feliz civilización destruída polo Imperio Español, que escravizaron aos cubanos e debido a que os bautizaban con acido sulfúrico a poboación nativa da ila desapareceu, os que vivian a partires de entón nela eran só brancos e escravos de África polo que a illa cubana ficou leal á Metrópole ata finais do século XIX, cando comezou o boom do azucre e Gitaña exprimiu ao máximo á illa a cambio de nada polo que os propios cubanos remataron por tentar independizarse así que o goberno español enviou un exército de ocupación e fixéronse campos de concentración, mentres o goberno de Estados Unidos de América tentou mercarlle a illa a España e como ésta non quería ao final meteuse na Guerra de Cuba e conseguiu independizala de España para subxugala a seus intereses.
Colonización e dominio norteamericano ianqui (1898-1959)[editar]
Trala independencia cubana de Españistán os USA entraron nela e fixeron leis para roubar terras, obrigar contratos de obra pública, crear unha clase proletaria para aumentar a producción, logo idearon un sistema pseudodemocrático para legalizar as medidas anteriores, o sistema bipartidista funcionou ben ata que veu a crise capitalista dos tolos anos 20 e colocouse un ditador chamado Gerardo Machado que organizou un sistema de vivir ben os ricos cubanos e os ianquis e o resto do mundo atraballar e calar a cambio dun soldo mediano. Debido a que matou a mais xente da que os cubanos aguantaban ao final fuxiu na folga xeral do 33, a situación estabilizouse tralo goberno de varios mesías co sarxento Batista de Sacristía poñendo orde e como a éste finalmente lle gustou tanto o de por orde rematou dando un golpe de estado(previo pedir permiso aos USA offcourse!).
Revolución e goberno do Partido Castrista (1959-presente)[editar]
Debido a que Fulgencio Batista firmara contratos coa mafia levou ao país á crise económica querendo, xa que ordeou baixar a produción do país e convertilo nun resort enorme para ianquis, así só gañaban diñeiro os concellais de urbanismo corruptos, alcaldes e os da policía secreta porque incluso viñan desde os USA empresas a construir autoestradas, casinos e puticlús aproveitando o desfase das mulatas. Debido a que Batista só repartía cos demais cubanos ostias e malleiras e poucos cartos ao final éstes remataron apoiando a Fidel Castro que lles prometera democracia e tras unha guerra civil Fidel Castro venceu.
O goberno surxido da revolución cubana estivo supeditado aos barbudos, que permitiron un goberno demócrata mentre spor atrás tiñan un goberno paralelo comandado por Che Guevara, que sacou a Lei Agraria para curar o complexo de Edipo de Fidel,logo foron removendo aos que non eran de seu bando ata quedar eles sós no goberno antes de que os ianquis lles fixeran o mesmo que en Guatemala, mentres en República Dominicana e Miami se organizaban terroristas para atacar a nova cuba polo que Che tivo que fusilar a uns cantos que non querían a ditadura do proletariado, por outro lado como ninguén quería bailar como os cosacos comezaron a fuxir moitos especialistas e púxose a ao primeiro que atoparon no Banco Nacional e a dirixir a industria e debido á que os USA eran uns egoístas Cuba foi de mal en pior.
Cuba libre[editar]
Trala morte de Fidel Castro, o novo goberno abriu as portas ao capitalismo, España invadiu a illa again.
Xeografía[editar]
Cuba é un arquipelago de illas, pero só se habita unha, o resto son manglares e cons onde os ianquis imperialistas teñen bases segredas da CIA para invadir con espías e saboteadores asasinos etse feliz paraíso socialista. Cuba é como Galicia pero situada no Caribe, así ten moita choiva, centos de ríos entre montañas pero moito bo tempo.
Cuba non existía ao principio pero debido á Guerra Temporal houbo enfrontamentos de varias estrelas da morte no sistema solar que fixeron destruir parte do planeta Marte e do satélite Lúa, estes fragmentos caeron no mesmo lugar e fusionáronse nesta zona durante o Precámbrico emerxendo a finais do Xurásico, así que por aquí andaba vivindo xa o Fragasauro (Antón Rebollido é dos que hipotetizan con que este saurio chegou a Galicia traído duramte a fragmentación de Panxea).
Economía[editar]
- Artigo principal: Economía de Cuba.
Ata onte mesmo Cuba vivía do azucre de caña, pero trala economía planificada do noso gran compañelo Fidel a república de castro, perdón, de Cuba, é mais libre e independente do exterior ela soa se autoabastece e mesmo exporta materiais de alta tecnoloxía pero conscientes do medio ambiente por iso en Cuba apenas hai automóviles e os que hai son vellos que contaminan menos.
Grazas ao socialismo humano da illa aquí vívese mellor ca Deus e non hai crises cíclicas como no capitalismo inhumano, e aínda que non haxa moita rede de wifi (infestada de espías a soldo do imperio) gozamos da inmensa riqueza dos discursos de Fidel sobre todo porque poden chegar a durar horas.

- Turismo.
- Turismo sexual de perversos, hipócritas e neocons.
- Exportación de azucre.
- Rodar filmes sobre casinos da mafia.
- Exportar músicos de jazz latino, cantantes direitistas...
Debido a que os Donos do Mundo tratan de foder ó goberno castrista Cuba está fodida e vixiada por comité veciñais (aparte de teu fillo pioneiro).
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
|