Cuspiderman

De Desgalipedia
Cuspiderman

Ficheiro:Cuspiderman.jpg

Editorial
Primeira aparición
Creado por
Datos vitais
Nome real
Nacionalidade
Afiliacións
Compañeiros Walter Bishop,
Outros alias
Parentes
Poderes

Cuspiderman é un dos grandes superheroes galegos. Creado nun monólogo por Carlos Blanco no seu programa da telegaita "Somos unha potenzia" durante o Bipartito galego.

Orixe e superpoderes[editar]

Cuspiderman naceu co nome de Rafael Álvarez no seo dunha familia de clase baixa da Galicia profunda, estudou a ESO no colexio público (antes de que o pecharan por mor da despoboación rural) e andaba xogando nun río en Cerceda mentres súa nai vendía drogaína na estrada camuflada como vendedora de nabos de Lugo.

Cando o rapás se decatou de que tiña superpoderes, seu cuspe era radiactivo, deixou á moza porque a mataba cando a bicaba con lingua, súa saliva era mortal e derretía calquera cousa ou senón a manchaba de verde fosforiño (e todo por ter ríos contaminados no país) e logo emigrou a Verín onde vivía a súa tía Maribel, alí bateu co entroido e cando viu ás pantalas tivoa grande idea de copiarllelo traxe pra camuflar sí a identidade como superheroe coa súa capiña, apucha do trinque, etc.

Súa tía, que aprendera a coser na escola de Franco coas da sección femenina de Falange Española (xa ves ti, pra que logo digan que a ditadura só escravizaba), fíxolle súa capa e un cinto coas súas chocas. cando xuntou todo o equipo púxose a pensar no seu berro de guerra. Primeiro pensou nun berro así celtista, tipo "Por breogán!", pero non tiña cor, asi que segiu a matinar e lembrou a seu tío do Porto do Son, que cando lle dá gas á lancha di "A todo flispín!" e gorentou de semellante berro, así xuntou todo e quedou finalmente como "Por Breogán! A todo flispín!".

Aventuras[editar]

Cuspiderman tiña outro problema por diante, tiña que saber cando se producían inxustizas ou catástrofes pra saber cando podería actuar, asi que fixo como Superman e púxose a estudar xornalismo. O malo era que aínda non rematara a ESO e quedáralle inglés de segundo e Coñe de terceiro, polo que tivo que pospor seu plan mentres incaba os codos a estudar.

Cando por fin rematou a ESO e quixo ir a por bacharelato a nota non lle daba, polo que pensou que, ou ben ía ó despacho do director e o coaacionaba co seu cuspe radioactivo ou ben estudiaba FP; como a primeira opción non era moi ética que digamos meteuse na FP e fíxose fontaneiro coa esperanza de que este sector sempre andaba polas casas de moita xente e así podería estar ao día do que sucedera no mundo.

O malo foi que unha vez feito fontaneiro tívose que facer autónomo e traballar pra outro, cando chegaba canso do choio á casa sempre cái derrengado no sofá e vía coma un zombie as noticias no televisor, estaba ao día das catástrofes e ataques terroristas, pero eran en lugares lonxanos e cando sucedía algo criminal no seu país ou na provincia sempre se enteiraba cando xa pasara. Ademais ao día seguinte tiña que madrugar polo que mandou ó corno o de ser superheroe polo canso que era todo e centrouse no traballo.

Ata que veu a crise económica de 2008 e perdeu o seu choio, estaba no paro, agora era seu momento pensou Cuspiderman! resucitou seu traxe de superheroe, súa tía fíxolle algúns arreglos, porque o rapás engordara e botouse a facer o ben polos camiños en plan Don Quixote. Mais rematou no cárecere tras deter aunha banda de ladróns que roubaban gando na comarca de Xinzo de Limia que logo metían ao outro lado da Raia, xa qe provocou un incidente internacional ó derretir un coche patrulla dos gardinhas.

Mais grazas a seu cuspe radioactivo desfixo a cárcere e fuxiu xunto ós supervivintes por O Pereiro de Aguiar abaixo cara Ourense, onde pillou un bus e tentou regresar a Cerceda, mais no camiño foi interceptado por Miñoman, que o arrestou e enviou empaquetado a Tchernobil, lugar de onde agora tenta saír mentres está dentro do reactor.