Día de Tódolos Santos

De Desgalipedia
Cita1.pngPela primeira vez, o 1 de Novembro não é feríado. A data era tradicionalmente aproveitada por muitos católicos para irem ao cemitério.Cita2.png
RTP sobre Día de Tódolos Santos

O Día de Tódolos Santos é unha solemnidade relixiosa cristiá instituída en honra de todos os Santos, coñecidos, descoñecidos e amiguiños, segundo o papa, para compensar calquera falta ás festas dos santos durante o ano por parte dos fieis.

Nos países de tradición católica, celébrase o 1 de novembro; mentres que na Igrexa Ortodoxa se celebra o primeiro domingo despois de Pentecoste; aínda que tamén a celebran as Igrexas Anglicana e Luterana. Nesta data venérase a todos os santos que non teñen unha festa propia no calendario litúrxico. Por tradición é un día feriado non laborable excepto en Portugal.

A orixe desta festividade católica son as tradicións pagás que perduraron en Europa (especialmente na Europa Atlántica) até hai ben pouco. Na Galicia profunda a tradición máis viva e estendida é a dos magostos. Nos últimos tempos popularizouse a recuperada festividade céltica do fin do verán, O [[Samaín, mesturándose as tradicións europeas do baleirado de cabazas e nabos coa exitosa estética estadounidense do Halloween.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]