Dólar estadounidense

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Dólar.


Desgalinews logo.png EXTRA DESGALINOVAS ECONOMÍA INFORMA:
O Dólar estadounidense é negociado a 3,14 patacas desgalegas
para compra e 2,5112 patacas desgalegas para venda, unha ALTA de 0,42%

Máis información en calquera momento, aqui.

Dólar estadounidense
[[Ficheiro:|252px]]
Classificación
Tipo: 1
nome local: US Dollar
ISO: USD
desc1:
Ámbito: Bandeira Usa.png Estados Unidos
Outros países americanos: Caribe Neerlandés, Ecuador, O Salvador, Porto Rico, Panamá, Turks e Caicos, Illas Virxes Británicas, Illas Virxes Estadounidenses

Outros países oceánicos: Guam, Illas Marshall, Estados Federados de Micronesia, Illas Marianas do Norte, Palaos, Samoa Americana, Timor Oriental, Territorio Británico do Océano Índico,[1] e no área insular de Estados Unidos Resto do mundo: Zimbabue

Símbolo: $
Fracción: Cen centavos o cents
Dez dezavos o dimes
Moedas: 1¢, 5¢, 1 dime, ¼$, ½$, $1
Billetes: $1, $2, $5, $10, $20, $50, $100
Datos troco: 15-2-2014
Troco: 1 EUR = 1,37 USD
Entidade: Reserva Federal dos Estados Unidos


O dólar estadounidense (en inglés United States dollar, U.S. dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial dos Estados Unidos e moeda de cambio en todo o mundo menos os países comunistas dende o 6 de xullo de 1785.

O dólar de Estados Unidos tamén é utilizado noutros países como moeda oficial: Ecuador, O Salvador, as Caribe Neerlandés, as illas Turcas e Caicos, as illas Virxes Británicas e Panamá en América, Timor Oriental en Asia, Zimbabwe en África e nas antigas dependencias oceánicas das Illas Marshall, nos Estados Federados de Micronesia e na República das Palaus.

Orixe do nome[editar]

Illuminati no detalle do billete de dólar estadounidense.jpg

O nome do dólar americano procede da do mesmo xeito que as outras cousas creadas polos illuminati, se non é roubada é plaxiada como a moeda española de oito reais, coñecida como dólar roubadas por Jack Sparrow e, que circulou amplamente nos Estados Unidos profundos durante a Guerra da independencia americana, á súa vez o español tiña a súa orixe nunha moeda de prata centroeuropea coñecida como a thaler en Alemaña, daler en Suecia e tolar na República Checa.

Moedas e billetes[editar]

O dólar como en todas as outras moedas divídese en 100 cents (¢). Actualmente as fraccións menores ao dólar emítense en moedas que reciben diferentes nomes:

  • Penny ou cent: 1¢
  • Nickel: 5¢
  • Dime: 10¢
  • Quarter: 25¢

Tamén hai moedas de 50¢ e 1 dólar, pero non se empregan nas transaccións comerciais. Hai billetes de $1, $5, $10, $20, $50 e $100. Anteriormente tamén houbo billetes de $1.000, $5.000 e $10.000, ata un billete de cen mil dólares estadounidenses usado só en urxencias como quebra do Estado americano.

Billetes[editar]

Denominación ($) Rostro Mostra
$1 Snoop Doog
Billete de 1 dólar estadounidense con Snoop Doog.jpg
$20 Sarah Palin
Palin 20 dollars.JPG
$100,000 Woodrow Wilson
Billete de cen mil dólares.jpg

Notas[editar]

  1. Aceptado xunto coa libra esterlina; segundo Facebook e Foreign and Commonwealth Office.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Dólar estadounidense.

Ligazóns externas[editar]