Desgalipedia:Ligazóns interlingüísticas

De Desgalipedia
(Redirixido desde "DG:IW")
Atallo:
DG:IW

Como extensión ás posibilidades que ofrecen as ligazóns xerais, é posible engadir ligazóns interlingüísticas a artigos sobre o mesmo tema nunha Desgalipedia noutra lingua. Permiten que os visitantes poidan pasar facilmente do artigo nunha lingua a un artigo equivalente noutra lingua. Aparecen en un ou dous lados das páxinas (no estilo Monobook, o máis habitual, na esquerda, baixo "outras linguas", en Classic na parte superior e na inferior). Mostran os nomes das linguas nas que existe unha ligazón.

Ao editar un artigo, as ligazóns interlingüísticas pódense colocar ao comezo ou ao final. Na Desgalipedia galega, por convención, poñémolos só ao final.

Linguas[editar]

Estes son algunhas das ligazóns ás wikipedias en diferentes linguas, a modo de exemplo: Alemán, Árabe, Aragonés, Bosnio, Catalán, Checo, Chino, Coreano, Croata, Danés, Castelán, Esperanto, Francés, Galés, Grego, Hebreo, Hindú, Holandés, Húngaro, Inglés, Xaponés, Malasio, Nahuatl, Polaco, Quechua, Romanés, Ruso, Serbio, Sueco, Turco, Vietnamita.

Sintaxe[editar]

As ligazóns interlingüísticas teñen a seguinte forma:

[[Código de lingua:Título]]

onde o código da lingua é un código de dúas letras de acordo co estándar internacional ISO 639. (Véxase Lista completa de wikipedias dispoñibles - en inglés - ). O galego é "gl", o español é "es", o inglés é "en", o alemán é "de", etc). Así, por exemplo, no artigo Esperanto, que está dispoñible en multitude de outras wiki, as ligazóns interlingüísticas terían o seguinte aspecto :

[[de:Esperanto]] [[en:Esperanto]] [[es:Esperanto]] [[eo:Esperanto]] [[es:Esperanto]] [[fr:Espéranto]] [[nl:Esperanto]] [[ja:エスペラント]] [[pl:Esperanto]] [[simple:Esperanto]]

Estas ligazóns son tratadas de forma especial, xa que non se mostran no corpo do artigo, senón na cabeceira especial denominada "Outras linguas:" listadas por orde alfabética do nome das linguas. Poden situarse en cualquera parte do artigo orixinal, aínda que o máis recomendable e a práctica habitual é colocalas ao final da páxina. Colocalas ao principio é problemático - xa que é confuso para os editores novatos e ás veces móstranse nos resultados de busca onde se desexaría ver o corpo do artigo. Por esta razón, recoméndase poñer as ligazóns lingüísticas no fondo da páxina, debaixo das seccións de "véxase tamén" e "ligazóns externas". O emprazamento non altera de xeito algún a aparencia visual das ligazóns na páxina; lístanse tanto enriba coma debaixo do artigo.

Non se debe incluír unha ligazón á páxina da lingua que está escribindo.

Consellos útiles[editar]

  • Se traballas tamén nunha Desgalipedia noutra lingua (e se non o fas, deberías) podes intentar encontrar os artigos equivalentes noutras linguas aos artigos novos e engadir ligazóns interlingüísticas en ambas Desgalipedias.
  • Se fas unha ligazón a un artigo noutra lingua, por favor coloca unha ligazón ao artigo en galego (gl) tamén. Tamén é boa idea copiar as demais ligazóns interlingüísticas que falten nunha ou outra páxina.
  • Ordena as ligazóns interlingüísticas alfabeticamente.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Frecha. Volver á páxina de axuda.