Dalai Lama

De Desgalipedia
O próximo Dalai Lama.

Un Dalai Lama é o xefe supremo do Budismo, o Papa asiático vamos.

Orixe[editar]

Todo comezou cando Avalokiteshvara (un monxe embarcado no camiño metaleiro pasou á fase de supersaiyan fundindo seu Ego coa alma universal) comezou a poseer fetos co fin de xerar un rei que controle de forma perfecta o Tibet e desde él a todo o mundo, debido a certos problemas de intendencia tivo que facer unha adaptación curricular e porse a convencer aos distintos gobernantes mundiais de que sigan seus consellos.

Historia[editar]

Cando o supersaiyan Avalokitexvara conseguiu encarnar nun humano nonnato e nacer contra todo pronóstico de Pemán, deu un golpe de estado na súa casa e enviou a seus irmáns como apóstolos nas catro direccións, algúns fixeron logo suas propias versións do Budismo e outros convertéronse ao maoísmo.

Dalais lamas famosos[editar]

Tenzin Gyatso-01.jpg
  • Gendun Drup: iniciou seu papado mediante lambidas de ao gran Khan mundial.
  • Gendun Giatso: en realidade era un océano sublimemente glorioso.
  • Sonam Giatso: expandiu o budismo a Mongolia e logo convirtiuse noprimeiro Océano de Sabiduría.
  • Ionten Giatso: debido a que tiña enchufe do Khan foi mal visto pola facción rival, que o conseguiu depor tras unha orxía materialista tipo jackass.
  • Ngawang Lobsang Gyatso: era un xigante e por iso comezou a construirse un pazo de 3000 habitacións, logo destruiu á facción rival dos Jonang.
  • Desi Sangay Gyatso: fillo do anterior dalai lama, ocultou a morte de seu predecesor para seguir gobernando no seu nome.
  • Tsangyang Gyatso: andaba de botellón e groupies, ata que un día fodeu á filla dun rei e os mongoles detivérono e cortáronlle a cabeza por ser un lama irresponsable.
  • Kelsang Giatso: tivo que facer fronte a outro dalai lama dos mongois e conseguir manter o status quo que na súa época pasou dos mongois aos chineses.
  • Jhampel Giatso: non moveu nin un dedo na guerra entre madereiros e pastores.
  • Lungtok Giatso: un dalai lama de 8 anos!!!! Seguramenete recoñecido como reencarnación do anterior dalai polo pachen lama de turno ambicioso que quería seguir de rexente en Potalatoda.
  • Tusltrim Giatso: igual co anteror, pero con 16 anos foi elexido e asasinado.
  • Khedrub Giatso: só durou un ano no trono, menudo consello de rexentes debía ter... mentres seus seus devotos morrían na guerra do Opio e revoltávanse mediante o boxeo contra dos imperialistas europeos.
  • Trinlé Giatso: trileiro alzado ao papado budistatibetano pero só puido mandar durante 2 anos a que foi envelenado entre so Imperio Británico se atopaba ás súas portas disposto a invadilo e así madame Blavatsky poder desentranar os arcanos sagrados.
  • Thubten Giatso: conseguiu manter seu reinado independente entre os Imperios ruso, británico e chinés ao tempo que introducía internet no reino.
  • Tenzin Giatso: tras ver que China era mais centralista que Madrid fuxiu á India onde sandokan o protexe do seu malveciño chinés.

Como converterse en dalai lama[editar]

Desafortunadamente ti miserable mortal nunca poderás chegar a sdelo... pero teu fillo sí!! Elixe ben á túa compañeira, que sexa de pura raza aria e así ter un carallo enorme que fará que o Pachen lama o recoñeza como a reencarnación do próximo Dalai lama.

Logo ten que comunicarse por telepatía co Pachen Lama (especie de vicepresidente) e darlle instruccións de como chegar á súa casa, éste chegará onde el e faralle variso test de reenacrnación co fin de saber se é el auténticamente ou un timo de seus pais para saír da pobreza, ou dos servizos de intelixencia chineses sempre prestos a sinizar o Tíbet.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Dalai Lama.

Outros artigos[editar]