Darth Vader

De Desgalipedia
Dirty McNasty-01.jpg Darth Vader é demandado pola CIA, KGB e por Jack Bauer
por crimes contra a sociedade e é moi perigoso.

Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Darth Vader
e ha chamar o superheroe Administrador maligno para te prender.

Darth Vader
Darth Vader.jpg
Cargo: Señor Escuro dos Sith.
Supremo Comandante da Flota Imperial.
Executor Militar.
Líder do Escuadrón da Morte.
Afiliación: Imperio Galáctico dos Sith.
Raza: Humano (nos episodios I-III), parcialmente humano máis Cyborg (nos episodios III-VI).
Planeta natal: Tatooine
Equipo habitual: Sabre láser
Vehículo habitual: Destrutor. Executor.
TIE advanced X-1.
Varios destrutores estelares.


Vader mini.gif
Darth Vader é un personaxe de ficción e o antagonista principal da triloxía orixinal de Star Wars. Anteriormente, Vader foi un pailán chamado Anakin Skywalker, un lendario Cabaleiro Jedi. A primeira triloxía segue a Anakin no seu xurdimento heroico e a súa tráxica caída ao lado escuro da Forza, converténdoo en Vader.

Historia de sith[editar]

Darth Vader integrando a banda de rock, The Siths

Para axudar ao seu novo mestre, Darth Sidious, a expandir o Imperio Galáctico, Darth Vader axudou a exterminar a tódolos Jedis restantes da Galaxia, do universo e do universo inverso aínda que a tarefa non foi completamente realizada (sobreviviu Obi-wan Kenobi e o mestre Yoda).

Darth Vader, foi a man dereita executora de Palpatine, usando as súas habilidades e a súa brutalidade para levar a cabo os seus fins. Estaba ao mando da temible Lexión 501, os que unha vez foron os mellores soldados da Antiga República, agora eran os máis desapiadados soldados de asalto. Vader empregou esta lexión na maioría das súas misións, aínda que non foi o único, pois a miúdo destacamentos debían ir apoiar a outros comandantes. Vader foi quen, tras a morte do Comandante Appo, elixiu ao Comandante Bow como novo líder da 501.

Nunha ocasión enfrontouse co revivido Darth Maul. Logrou vencelo ao empalarse a sí mesmo e ao Zabrak.

Tras moitos anos de atrocidades establecendo o férreo control da Nova Orde sobre a Galaxia, Vader converteuse nunha figura temida e respectada en toda a Galaxia. Non dubidaba en executar de forma implacable ós seus subordinados, por pequeno que fose o erro e indiferentemente da altura do cargo; ata tal punto chegaba a súa ira (posteriormente, este estilo de goberno sería chamado "o Estilo Vader"[Cómpre referencia], o cal empregaba a miúdo Thrawn como exemplo).

Técnicas milenares de Darth Vader[editar]

Vader mini.gif
Vader esgrimista.gif

Desgalería de imaxes de Darth Vader[editar]

O encontro entre Darth Vader eo Exterminador do Futuro.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Darth Vader.

Outros jedis siths[editar]