David Bowie

De Desgalipedia
David Bowie.
Bowie3.jpg
Que grandes melodías nos deixou...
Nome completo
Alias
Naceu 8 de xaneiro de 1947.
Orixe Londres Inglaterra Inglaterra
País {{{país}}}
Morreu
Ocupación (s) Cantar disfrazado de mamarracho.
Xénero Neutro.
Instrumento(s) vibradores musicais con luces de cores intermitentes.
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con
(sexualmente)
Tempo en activo
Web

David Bowie foi un cabaleiro do Imperio Británico que tras ver que non se comía nin un rosco nin tiña o éxito agardado comezou a ofrecer seus servicios sexuais a todo o mundo mentres se gañaba unas pelas comerciando con drojaína, ata que alcadou o éxito e desde entón non o deixou.

Autobiografía[editar]

Inicios[editar]

David Wow naceu na perfieria de Londres, unha megalópole suxa e gris da cal quería fuxir pero como daquela estaban en plena Guerra Fría non che deixaban así sen mais, seus pais puxérono a estudar música a ver si así conseguían que saíse da casa e deixara de tocarse tanto, pero o remedio foi pior ca enfermidade e perdeu os papeis (sobre todo de rol viril) debido a que os matóns de seu barrio eran algo groseiros e o cativo viviu intimidado ata que atopou a un gurú do sexo anal que o curou de espantos tras ensinarlle como tocar debidamente o saxofón.

Primeiros éxitos[editar]

En plenos anos 60 anotouse ó rock psicodélico coa súa guitarra sevillana, conseguindo que os jipis lle tirasen drogas pra que calara ao darlles un concerto vestido cun traxe de muller, tras voltar á consciencia escribiu unha canción sobre cosmonautas que tivo éxito (xa que así non falaba sobre a guerra imperialista nin as liberdades civís) mentres vestía de forma estrafalaria fundando así o Glam rock e amosando ao resto do mundo que sí, os británicos son os mais gays do mundo e aínda por riba o dominan.

Grazas a John Peel comezou ser escoitado mais alá do Triángulo das Bermudas e sen querelo chamou a atención dos reptiliáns, que o abduciron e sustiutiron por Ziggy Stardust (un oficial nazi do imperio marciano) que tomou o corpo de David Bowie e comezou a compor cancións sobre rapaces aburridos que querían facer a revolución sexual así de paso creou o posmodernismo e vendeu mais discos ca competencia (The Beatles, The Rolling Stones, The Velvet Underground) de paso que tentaba dar un golpe de estado decindo que era gay (se o dixera 5 aos antes que só por iso podía ir á cadea...) iso sí, súa muller non se decatou de nada, só cando tiña que ir sacarse ladillas que seu home collía de estar coas groupies (así lle saíu o fillo Duncan Jones).

Época Glam e Berlín[editar]

En plena moda de levar guedellas Bowie consegiu desfacerse do alien que o posuíra e cortou o pelo pra poder ser tomado como un duque branco (de tanta coca que metía..) esquecéndose pra sempre da bisexualidade simulando sufrir un atentado por parte de terroristas cristiáns e así disolveu súa banda de arañas marcianas e matouas antes de que salvase á humanidade. Porén foi posueído por outro espírito, neste caso por Aladdin Slane, un abertzale futurista que o levou a experimentar con drogas duras rematando por seu o duque branco e visitando asiduamente o casino de A Toxa (que estar en Vilagarcía de Arousa non eran tan cool) visto que semellaba convertirse nun ionki seu futuro, seu patrón Tony De Fries o enviou a Alemaña onde os boches o convertiron en alguen formal pero que fai música de vangarda, cousa que só gusta a culturetas e como estes son minorías a discográfica o sacou de alí antes de que voltase facer outro disco avant garde e o levou a Nova Iorque onde se empapou da cultura de Wall street e vendeu súa alma ao capitalismo durante os seguintes 30 anos.

Discografía[editar]

Álbums de estudio[editar]

Álbums en vivo[editar]

  • David Live (1974)
  • Stage (1978)
  • Rock Concer (1979)
  • David Bowie At The Tower Philadelphia (1982)
  • Best of Grunge Rock (1993)
  • Santa Monica 1972 (1995)
  • Ziggy Stardust and the Spiders from Mars Live (1995)
  • Live 1972 (1995)
  • RarestOneBowie (1995)
  • A Portrait In Flesh (1996)
  • Phoenix Festival CD (1996)
  • Live And Well (2000)

Desgalería de imaxes quentes[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: David Bowie.

Outros artigos[editar]

Modelo:Paseo da Fama de Hollywood