Dereita política

De Desgalipedia
Política
Poderes
Executivo | Lexislativo | Xudicial
Formas de goberno
Monarquía | República | Anarquía
Réximes e sistemas
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia
Tipos de poder
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo
Clases de estado
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República
Conceptos
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País
Procesos
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby
División administrativa
Cantón | Comunidade autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia
Cargos e postos
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador
Disciplinas
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía política | Historia política | Metapolítica | Política internacional | Teoría política | Xeopolítica
Ideoloxías
Esquerdismo | Dereitismo

Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá

Actitudes
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neoimperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposición | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidismo | Bipartidismo | Unipartidismo

Abstención | Amnistía | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo

A Dereita Política son os aristócratas (que en grego significa os mellores) empresarios, burgueses, estómagos agradecidos, yuppies, neocons, curas, soldados, obreiros descastados, labregos inconscientes e demais xente que ama a Deus, Patria, Familia e Diñeiro (e non precisamente nesta orde).

Historia[editar]

A dereita política surxiu na Prehistoria cando o humano macho mais bruto comezou a monopolizar todo a seu arredor (femias, materias primas, covas, ríos, etc) esta privatización remataría nunha parcelación pero debido a que a medicina non era moi alá estes Homo Destra morrían en enformtamentos contra Mamuts (ao querer amosar que eran aos mais valerosos) ou contra outros homes coma eles, así no Paleolítico a selección natural fixo que esta clase de subnormais non abundase e durase moi pouco, polo que a raza humana evolucionou grazas á colectividade.

As cousas cambiaron de forma radical no Neolítico, inventouse a propiedade privada, o patriarcalismo, a relixión fíxose ditatorial e isto todo por acumular riquezas en forma de execedentes de producción que reinvertidos fixeron que os sistemas de producción recaesen no mais bruto (bruto como un arado) deles, pero debido á ambición destes personaxes comezaron a querer mais e mais, e inventaron o exército, coa excusa de que había nómadas que podían roubar e que a aldea veciña lles podía roubar o trigo comezaron a facerse a guerra e para acabar de lextimala os sacerdotes decían que o deus de tribo vía con bós ollos aquilo todo.

Este sistema dereitista de goberno enviou a miles de persoas a morrer polas posesións duns poucos, así fóronse facendo reinos e imperios, os labregos de Exipto quedaron baixo a férula do Faraón Nemes e desde entón ficaron escravizados dos dereitistas. Logo serían conquistados polo Imperio Romano, a pesares de ser unha República era un goberno dereitoso e tiña miles de escravos, así puideron facer moitas obras públicas como o amado Stalin, pero só pra conveniencia das familias senatoriais e da familia Imperial.

Na Idade Media a dereita política inventou o Feudalismo para poder manipular a seu gusto ás clases productoreas e aínda por riba usalas como soldados, a finais da Idade Media debido á Peste Negra viron que era mellor deixar que os labregos seguiran traballando ás súas plantacións e deixrana guerra inventando a diplomacia.

Na Idade Moderna os dereitistas inventaron o Antigo Réxime, así con este sistema social escravizaron a seus compatriotas e a todo o mundo debido ao imperialismo, isto fixo que os labregos seguisen a ser carne de canón para poder ter en pé exércitos para ir loitar contra outros exércitos mentres os dereitosos os guiaban desde ben lonxe. Estes sistemas brutais remataron por caer eles soíños debido á súa inhumanidade e inxustiza social, aparte de que cabreaban aos empresarios, que querían crear o Capitalismo na terra, este sistema político utópico acabou por imporse en todo o mundo debido a golpes de Estado, guerras civís (Guerras como a Unificación de Alemaña cando o Reino de Prusia invade aos outros estados alemáns).

Unha vez imposto o Capitalismo pola forza a maquinaria dos imperios europeos seguiu gobernando con man de ferro a todo o planeta ata que volvero chocar entre sí, e os dereitistas provocaron a Primeira Guerra Mundial. Esta guerra entre dereitistas de toda Europa mudou o mundo e provocou a Segunda Guerra Mundial. Os dereitistas europeos quedaron tan desfeitos que os dereitistas de Estados Unidos de América invadiron o planeta Terra... todo? Non! Unha irreductible nación seguiu en pé fronte a eles! A Unión Soviética, patria dos traballadores, paraíso dos proletarios que grazas á súa solidariedade permitiu que moitos países do terceiro Mundo deixasen de estar colonizados polos europeos e que os dereitistas de Occidente creasen a socialdemocracia para romper a unidade obreira con golosinas como Estado de Benestar.

Correntes da dereita[editar]

Seguidores da dereita política non admite ningunha forma de esquerdismo nos seus países e adoitan regulamentario ata nas súas leis de tráfico.
  • Democracia cristiá: todos os fieis elixen ao Papa e seus bispos. Ai non! É o revés, o Papa elixe gobernantes doutros países e os seus fieis lles votan.
  • Conservadorismo: acepta e promulga cousas como o racismo, guettos, nazismo, escolas privadas onde só che ensinan a rezar, etc, etc.
  • Liberalismo: estes tratan de destruir aos gobernos de cada país para que só quede man de obra barata é que escravizar, polo que en realidade son anarcocapitalistas que queren destruir o Estado para poñer a lei da selva empresarial.
  • Imperialismo: os que queren resucitar o Imperio Español metendo a telefónica en Arxentina, lamberlle o a ditadores do terceiro Mundo con gas e petróleo, etc. Tamén o Imperio Gringo que si antes vía comunistas por todas partes agora ve terroristas e Imperio Británico sinon lles obedeces envíanche a James Bond.

Partidos políticos de dereitas en España[editar]

  • Ciudadanos, nacionalista español fachoso.
  • PNV, nacionalista vasco dereitoso.
  • CDC, nacionalista catalán dereitoso.
  • PP, nacionalista español dereitoso.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Dereita política.

Outros artigos[editar]