Descenso

De Desgalipedia
Gallegos e asturianos-primos hermanos.jpg

Descenso, que vén do latín Racinguis Deportivis Pontevedra Celtas Ourensis que significa: Racinguis = Equipo, Deportivis = que caeu, Pontevedra = alí, Celtas = no e Ourensis = Inferno..., ou sexa, caeu a aquel lugar, e é utilizada no fútbol para caracterizar cando un equipo (preferiblemente o seu!) despenca descende do nivel actual (Primeira División Española, Segunda División Española ou Segunda División B Española) para un nivel inferior! Existe tamén os termos Pechacancelas ou faroliño vermello, utilizado para caracterizar o acto dun equipo ser rebaixado.

Regras do Descenso

Reacción dos afeccionados dun pequeno equipo galego tras un descenso.

É moi sinxelo. Durante un campionato, os 4 equipos (en Terceira son 10) que máis se foderan complicaron na táboa son rebaixados para divisións inferiores. Desafortunadamente nalgúns países subdesenvolvidos hai algunhas complicacións normais (e anormais) que fan un equipo ir á merda unha división inferior.

Complicacións que dificilmente descenden equipos

  • Poucos puntos conseguidos
  • Graves denuncias de dopaxe
  • Xogadores con 40 anos que foron rexistrados como tendo 18 e ninguén entendeu durante o campionato!
  • Porque o seu equipo era usado para lavar diñeiro.

Descenso polo mundo

Alemaña

En Alemaña, o único equipo que nunca caeu foi o Hamburgo.

  • Bayern de Múnic: O gran Bayern xa foi descendido cando aínda nin existía a Budesliga e eran disputados torneos rexionais, o 1955. Bo, volveu o ano seguinte e non caeu máis.
  • Borussia Dortmund: O Borussia Dortmund, que nunca foi alí gran cousa, pero polo menos foi campión mundial, caeu 1972 e só conseguiu volver 4 anos despois.
  • FC Nürnberg: Ese é o recordista ! Ata 1987 era o club que máis veces fora campión alemán, pero agora o equipo é unha porco e é o club que máis veces caeu, son seis en total.
Arxentina

En Arxentina a AFA sempre protexeu os equipos grandes. Alí o descenso é a media dos catro últimos anos e é medio difícil un equipo grande ir mal nos catro anos seguidos , pero aínda así ten equipo grande que conseguiu ser rebaixado, Boca Juniors é o único equipo que non caeu, son eles:

  • Independiente: O Todo Poderoso Independiente, hepta -campión da Libertadores, é o máis novo equipo á caer pra Segunda Division en 2013 , tras unha pésima campaña o equipo foi rebaixado por primeira vez.
  • River Plate: O River Plate caeu para " Primera B Nacional" en 2011 tras perder ao Belgrano (WTF?), Foi rebaixado e tivo que aturar as bromas da afección do Boca. Pero conseguiu volver ao ano seguinte tras pasar un longo tempo a sufrir mofa polos rivais.
  • Racing Club: Este aí foi descendido en 1983, e aínda por riba tomou afogo para volver.
  • Estudantes da Prata: Caeu dúas veces, 1953 e 1994.
  • San Lorenzo: Caeu en 1981.
  • Vélez Sarsfield: Caeu en 1940.
  • Arxentinos Juniors: Caeu dúas veces, 1996 e 2002.
Rebaixamento da Serie A brasileira nas cataratas en 2013.jpg
Brasil
  • Atlético Mineiro Caeu en 1993 e 2005.
  • Bahia: É a proba de que macumba non funciona no fútbol! Caeu en 1997, 2003, 2014 e peor, en 2005, foi ata a Terceira.
  • Botafogo: Este aí foi descendido en 1993, 1999, 2002 e 2014.
  • Corinthians: Caeu en 2000 e 2007.
  • Coritiba: O Coritiba parece un ascensor vive caendo e volvendo, caeu en 1989 e chegou a caer para serie C en 1990, máis deu sorte que en 1991 non tivo serie C, volveu, despois caeu en 1993, e volveu en 1995.
  • Grêmio: Caeu en 1991, pero foi beneficiado polo estraño regulamento da Segundona de 92, no cal subían o campión, o vice e os 10 seguintes. E en 2004.
  • Palmeiras Caeu en 2002 e 2012.
  • Internacional: Caeu en 2016.
  • Vasco da Gama : Caeu en 2008, 2013 e 2015
  • Fluminense: O gran experto no tema, temos moito que falar sobre el! Xa desbravou todas as divisións posibles do fútbol brasileiro (Serie A, Serie B, Serie C, Serie Acreana e Serie da Segunda Dimensión) En 1996, o club caeu para Segundona (aínda non sabemos si realmente esa foi a 1ª vez, pero foi unha delas). O Club dos 13 non permitiu a decida do club por se tratar dun club con afeccionados ricos. Pero claro que, como todos sabemos, o Flumerdense nunca foi e nin nunca será un equipo de 1ª división. Polo tanto, caeu de novo para Segundona en 1997.

Desta vez resolveron retrasar a virada de mesa porque senón ía estar moito na cara que o flormerdense é un lixo. Non obstante, nin mesmo o Clube dos 13 pensaba que o club carioca conseguiría a inmensa fazaña de estar na zona de descenso da Serie B. "Non hai problemas, só necesitamos roubar o ABC e sairemos da zona de descenso da Segundona, despois cunha leve xiro de mesa, volvemos á primeira outra vez! foi o que pensaron. Non obstante, nin mesmo roubando do ABC, o equipo conseguiu gañar, caendo para a Serie C.

Desesperados coa súa situación, os dirixentes do flormerdense resolveron mellorar un pouco a imaxe do equipo: roubaron puntos do Serra, do Náutico e Anapolina para realizar o grande feito de estar en como equipo ascensor na Serie C. Porén, alí estaba o Fluminense paseando pola magnífica divisións de acceso ao fútbol brasileiro, cando de súpeto, o Fluminense está na primeira división ! Por suposto, como non era (nin nunca será ) un equipo grande (e comezo a pensar que nin equipo pequeno pode ser máis considerado). SEN MAIS PREGUNTAS, ou mafagafos da CBF correrán detrás de ti!

Despois de anos endividado, parecía que o Fluminense ía pagar o que debía e xogar na Serie B con xuros de 14 anos de débeda na Caixa Económica, pero grazas ao seu amigo tapetão Fluminense escapou e empurrou a Lusa.

Chile

En Chile, só o Colo-Colo e o Cobreloa restaron.

  • Universidad de Chile: La U, foi rebaixado en 1988.
  • Universidad Católica: Este equipo xa xogou na segunda división 3 veces.
Colombia

A segunda división da Colombia só foi creada en 1991 e por iso moitos clubs non caeron desa merda, clubs como: Atlético Nacional, Deportivo Cali, [Independiente Medellín]], Junior, Millonarios, Once Caldas, Santa Fe, etc.

  • América de Cali: O azaroso tetra-vice da Liberadores aínda cometeu o azar de ser rebaixado no campionato colombiano de 2011.
Ecuador

Só o Barcelona de Guayaquil non caeu.

  • LDU: Ata a LDU foi parar na segunda en 2000.
  • Emelec: O club foi rebaixado en 1981.
Escocia

En Escocia só os católicos do Celtic e Aberdeen non caeron.

  • Rangers: os protestantes do Rangers ficaron cheo de débedas e en 2012 faliran e foron a primeira directo pra cuarta división.
España

Só o Real Madrid, o Barcelona e Athletic de Bilbao nunca caeron.

  • Atlético de Madrid: En 2000 o club quedou en penúltimo lugar na clasificación e foi rebaixado por primeira vez na súa historia, o ano seguinte quedou en cuarto lugar, perdendo o posto de equipo ascensor, pero volveu ao ano seguinte sagrando-se campión.
  • Valencia: O equipo estaba unha porcallada e caeu en 1986, mais volveu o ano seguinte.
Francia

En Francia, o único club grande é o Olympique de Marsella, que xa foi rebaixado. O único que nunca caeu foi o París Saint-Germain (que só subiu en 1974).

  • Olympique de Marsella: O Olympique de Marsella era a potencia de Francia, algo así como o Lyon é hoxe. Pero no inicio dos anos 90, o equipo tivo as súas finanzas investigadas e atopáronse irregularidades que rebaixaram o Olympique. Nunca máis foron as mesmas trala caída.
  • Lyon: Este aí só pasou a ser grande hai pouco tempo por mor dos millonarios rusos cheos do diñeiro da mafia, pero antes era malo e caeu moitas veces.
Holanda

En Holanda sobrou o FC Utrecht (Que só deu as caras en 1970). Cando o campionato era rexional os tres principais cairam:

  • Ajax: O Ajax, o club máis poderoso de Holanda foi rebaixado en 1914, na época que os holandeses non ligaban para fútbol e só querían fumar marihuana.
  • Feyenoord: O Feyenoord tamén foi rebaixado hai tempo, en 1919.
  • PSV Eindhoven: O PSV caeu tamén hai tempo, en 1925.
Manchester City Arsenal Milán descenso furacán.jpg
Inglaterra

En Inglaterra non sobrou un, todos xa caeron.

  • Manchester United: O Manchester United, que xa foi considerado o club máis rico do planeta e prioriza a planificación, caeu en 1974, volvendo ao ano seguinte.
  • Liverpool: O Liverpool visitou Segunda división inglesa por cinco oportunidades: 1892, 1895, 1904, 1942 e 1954.
  • Arsenal: Caeu a maior tempão, pero caeu, en 1913.
  • Chelsea: Este aí só pasou a ser grande hai pouco tempo, pero antes era malo e caeu unha porrada de veces.
  • Aston Villa e Nottingham Forest: estes caeron ata pra terceira.
Italia

Só sobrou o Inter de Milán para contar historia.

  • Milan: En 1980, o Milan participou na mafia da lotería, que arranxaba resultados con xogadores implicados. Foi para a Serie B, se desestruturou, volveu, pero en 82 caeu de novo, esta vez nas catro liñas.
  • Juventus: O Juventus comezou a manipular resultados, en 2006, se fudeu. Foi á Segunda e volveu na tempada seguinte, sostendo moito dos ricos no seu equipo, a pesar da caída.
  • Roma: Caeu en 1951, e só.
  • Napoli: Pasou seis anos fóra, e chegou a caer ata pra terceira.
Paraguay

Os equipos paraguayos que nunca descenderon foron o Olimpia, Guaraní e Cerro Porteño.

  • Libertad: Caeu en 1998 e volveu só despois de 2 anos.
Portugal

No campionato máis sen graza de Europa só sobraron... adiviña! Porto, Benfica e Sporting Lisboa.

Uruguay

Os únicos que nunca caeron foron Nacional e Peñarol, os únicos equipos naquela merda de país.

Véxase tamén

Outros artigos