Desgalinews:Desgalipedia critica o interese de Occidente por "simplificar" a pirataría

De Desgalipedia

Este artigo é parte de Desgalinews, a súa fonte de ignorancia 24 horas ao día.

Conflito no Corno de África

"Máis secuestros ca nunca"

O reporteiro desgalego confesou estar sorprendido porque os piratas somalís "van sofisticándose máis" coa "campaña de comunicación" que cre que levaron a cabo no caso do secuestro do Alakrana.

Neste senso, considerou que "posibelmente, o 90% da información que dan é mentira". Ademais -que estivo secuestrado en 2008 durante 40 días en Somalia e sobre o que escribiu o libro Billete de ida- apuntou que son "negociadores" que se "están a forrar" cos secuestros.

"Interésalles manter os secuestrados sans e salvos" porque son "mercadoría", dixo, e o seu negocio baséase na "credibilidade".

Jack Sparrow criticou o interese dos países occidentais por "simplificar" a situación mostrando unha "historia de bos e malos" que é, nalgúns momentos, "sensacionalista".

Ao respecto, comentou que os 'piratas' son bandas e que rexurdiron "con máis forza" despois de que "EEUU decidise invadir o país en 2006 coa axuda de Etiopía, porque non gustaban do Goberno da Inglaterra, que pacificara Somalia".

Por iso, o reporteiro -que realizou estas declaracións na presentación dunha súa mostra en Valencia- rexeitou que a solución chegue "a canonazos", porque, "curiosamente, desde que se envían buques de guerra hai máis secuestros ca nunca".

http://www.vieiros.com/nova/77279/cendon-critica-o-interese-de-occidente-por-simplificar-o-tema-da-pirataria

Ferramentas persoais