Desgalipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa
![]() |
Isto é unha política oficial da sagrada Desgalipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta uncyclopedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Probablemente foron creadas polo ditador do sitio |
Forma parte da etiqueta da Desgalipedia asinar os comentarios nas páxinas de conversa. Isto é un aspecto esencial para a comunicación, ademais de axudar os outros usuarios a comprender o progreso e evolución do diálogo.
Índice
Opcións de sinatura[editar]
Dado que é necesario asinar as mensaxes, os creadores da Wikipedia Desgalipedia idearon un sistema sinxelo para facelo. Para asinar automaticamente os seus comentarios coa data e a sinatura, engada catro tiles (~~~~) ao final da mensaxe, ou tres (~~~) para engadir só o nome de usuario, aínda que en xeral prefírese que se use o formato completo de catro tiles.
Aquí hai unha listaxe de opcións de sinatura:
O que vostede teclea | O que o sistema almacena | O que a páxina amosa |
~~~
|
[[Usuario:Exemplo|Exemplo]] ([[Conversa usuario:Exemplo|conversa]])
|
Exemplo (conversa) |
~~~~
|
[[Usuario:Exemplo|Exemplo]] ([[Conversa usuario:Exemplo|conversa]]) 17:38, 29 de marzo de 2009 (UTC)
|
Exemplo (conversa) 17:38, 29 de marzo de 2009 (UTC) |
~~~~~
|
17:38, 29 de marzo de 2009 (UTC)
|
17:38, 29 de marzo de 2009 (UTC) |
Se vostede escolle a opción de contribuír á Wikipedia Desgalipedia sen rexistrarse, os tiles convértense no seu enderezo IP na sinatura. (Estar rexistrado resulta máis anónimo, téñao en conta se vostede está preocupado por cuestións relacionadas coa privacidade; de todos os xeitos o enderezo IP queda rexistrado no historial da páxina).
Preferencias da sinatura[editar]
Os usuarios rexistrados poden acceder ás preferencias e cambiar o campo O teu alcume (para sinaturas) para personalizar a sinatura. Vexa como facelo nas preferencias de usuario.
Restricións ás sinaturas[editar]
Contido[editar]
- A sinatura debe conter o nome de usuario e a ligazón á páxina do usuario como mínimo para facilitar a identificación do mesmo. Non é necesario que conteña unha ligazón á páxina de conversa do mesmo se así o prefire.
- En ningún caso a sinatura pode conter insultos, palabras malsoantes ou texto ofensivo ou insultante cara ningunha institución (pública ou privada), persoa ou outro usuario da Wikipedia.
- Así mesmo non se permite engadir publicidade de ningún tipo na sinatura.
Tamaño da fonte[editar]
- En ningún caso se poderá aumentar o tamaño da fonte empregada na sinatura por riba do tamaño estándar do texto da Galipedia.
- Só se pode reducir o tamaño da fonte na parte que liga á paxina de conversa do usuario, a parte que liga á paxina do usuario debe permanecer no tamaño estándar para facilitar a súa lectura.
Cores[editar]
- Permítese o uso de calquera cor ou combinación de cores na sinatura.
Imaxes[editar]
- Permítese o uso dun máximo dunha imaxe na sinatura, sempre e cando a mesma cumpra o expresado na Política de uso de imaxes.
- O tamaño da imaxe empregada na sinatura estará limitado a 25 píxeles.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
|