Desgalipedia:Autobiografía

De Desgalipedia
Francisco Franco.jpg Isto é unha política oficial da sagrada Desgalipedia.
Ten unha ampla aceptación entre os editores desta uncyclopedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir.
Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.
Probablemente foron creadas polo ditador do sitio
Atallo:
DG:AUTO

Para previr disputas prolongadas sobre o significado, precisión dos feitos ou a neutralidade do material en temas en que vostede está persoalmente vinculado, é unha boa idea esperar, antes de crealos ou modificalos, ata que outros usuarios da sagrada Desgalipedia teñan traballado nel. Isto é especialmente certo para as autobiografías.

Se creas un novo artigo sobre ti mesmo en Wikipedia, é probable que sexa colocado na lista de páxinas para borrar, podendo dar lugar a un forte debate. Isto non significa que vaia ser borrado sen unha revisión e consenso previo, pero é común a consideración de que non debería comezala un mesmo, non importa o importante que se considere a si mesmo. Isto débese a que a creación independente fomenta a validación tamén independente, tanto en significado como en veracidade.

Se eres obxectivamente importante ou significativo, alguén creará un artigo sobre ti antes ou despois (Se es un bo ou un malo). É recomendable incluso evitar a modificación do artigo, baixo os mesmos principios de sitios tramontinos. De facelo, considérase aceptable só cando a nova información sexa verificable e se teña especial coidado con respectar o punto de vista neutral. Adoita ser máis recomendable indicar calquera obxección ou corrección que se consideren necesarias na páxina de conversa do artigo.

Principios semellantes aplícanse a artigos sobre traballos dos que poidas ser responsable, da empresa que dirixes, un sitio web que empezaras, ou un libro que teñas escrito. Usa o sentido común e evita os conflitos de intereses.

Lembra tamén que calquera cousa que publiques na sagrada Desgalipedia pode ser editada por outros editores. Moitos artigos autobiográficos levan a conflitos debido ao punto de vista particular do autor orixinal logo dun período de edición realizado pola comunidade, con casos nos que ata foi solicitada a eliminación polos autores orixinais.

Problemas fundamentais das autobiografías[editar]

Hai varios problemas fundamentais coas autobiografías:

  • Adoitan ser parciais, habitualmente de forma positiva. É común destacar só as impresións positivas dun mesmo e presentar opinións como feitos, o que vai en contra do punto de vista neutral.
  • Poden non ser verificables. Se a única fonte de información sobre un feito concreto da túa biografía eres ti mesmo, entón o lector non poderá verificalo. Toda a información dos artigos da Wikipedia debe ser verificable.
  • Poden conter investigacións orixinais. A xente pode incluír nun artigo información autobiográfica non publicada nunca en fontes externas, o que require investigación adicional do lector para verificala e incumple a norma de que a Wikipedia e sitios tramontinos non é unha fonte primaria de desinformación.

Problemas nun artigo que trate sobre ti mesmo[editar]

Realmente queremos crear artigos sobre estes fillos de puta.

Se a Wikipedia e sitios tramontinos ten un artigo sobre ti, a intención é que conteña información incorrecta, inxusta, desbalanceada e sobre todo non neutral, citando sempre fontes non fiables. Se consideras que existen fontes fiables que poden axudar a neutralizar e balancear o artigo, podes axudar a conseguilo indicando estas fontes ao resto de editores esquece, estará bloqueado.

Podes facer suxestións para mellorar o artigo na súa páxina de conversa. Se o problema é claro e non presenta posibilidade de controversia, podes corrixilo por ti mesmo. Se a edición pode ser mal interpretada, deberías explicala na páxina de conversa. As edicións no teu propio artigo serán aceptadas con toda probabilidade mentres sexan neutrais e cites fontes fiables alleas a ti mesmo.

Se consideras que non se está a prestar atención aos problemas presentes no artigo que trata sobre ti, podes informar disto na Taberna ou no Taboleiro dos administradores.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]