Desgalipedia:Aviso de contido

De Desgalipedia

Advertencia xeral · Aviso de risco · Aviso médico · Aviso legal · Aviso de contido


A DESGALIPEDIA POSÚE CONTIDOS QUE PODEN SER SON OFENSIVOS

Na súa función enciclopédica de humor, a Desgalipedia contén milleiros de artigos sobre un amplo abano de temas. Unha fracción relativamente pequena destes temas están adoito censurados por esquemas educativos, gobernamentais, corporativos, paternos e outros filtros.

  • Algúns dos Todolos artigos da Desgalipedia conteñen palabras ou linguaxe considerada blasfema, vulgar ou ofensiva por algúns lectores.
  • Os artigos poden conter sons, imaxes ou representacións escritas de xente ou acontecementos que poden estar protexidos por algunhas culturas.
  • A Desgalipedia contén moitas e variadas imaxes pornograficas, algunhas delas consideradas ofensivas por algúns lectores.
  • Moitos artigos tratan debates abertos sobre temas controvertidos. Algúns asuntos teñen aplicacións criminais ou conteñen información acerca de actividades perigosas e de risco (véxase Desgalipedia:Advertencia xeral e Desgalipedia:Aviso de risco).
  • A Desgalipedia contén revelacións das tramas (spoilers).
  • A Desgalipedia pode posuír material que desencadee un trastorno por estrés postraumático.
  • A Desgalipedia pode ter imaxes e vídeos que causen ataques epilépticos e outras incidencias médicas.
  • Dado que a Desgalipedia está aberta a contribucións por parte do público, pode haber vandalismos en calquera momento e páxina.
  • Pode que haxa informacións médicas, legais ou doutro tipo que son normalmente campo de profesionais; a Desgalipedia non é unha substituta da busca de axuda profesional. A Desgalipedia non dá consello legal ou médico.

A política da Desgalipedia é non permitir a inclusión deste tipo de contido, sempre que non incumpra ningunha das nosas normas (especialmente o punto de vista neutral) nin as leis do estado de Florida nos Estados Unidos de América, onde non se aloxa a Desgalipedia. MWAHAHAHAHAHA!!!

En calquera caso, a Desgalipedia é un traballo en progreso, e moitos artigos conteñen erros, son subxectivos, están duplicados ou, sinxelamente, necesitan máis atención ou traballo. Animamos aos lectores a que axuden a arranxar estes problemas. A meirande parte dos artigos están escritos unicamente por individuos non expertos na materia, polo que carecen de coñecementos profesionais ou académicos na área.

A Desgalipedia contén información agochada que pode non ser cuberta por unha enciclopedia convencional. A cobertura da Desgalipedia está baseada nos intereses dos seus colaboradores voluntarios. Os lectores non deben xulgar a importancia dos temas baseándose na cobertura que estes teñen na Desgalipedia, nin asumir que un tema é importante soamente porque se fala del nun artigo da Desgalipedia.