Desgalipedia:Babel

De Desgalipedia
Atallo:
DG:BAB
A Torre de Babel.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Babel FishCita2.png
Google sobre Babel

Cita1.pngPor que non te callas?Cita2.png
Rei de España sobre Babel

A Babel é unha tradición entre as wikis e é moi útil para que aparque tradutores para certos artigos. Ler máis na Babel da Wikipedia ou da Uncyclopedia.

¿Que é esta tal de Babel?[editar]

A Babel é unha torre descrita por Biblia, que trata de explicar o porqué de tantas linguas no mundo - a humanidade tentaría construír unha torre ata o ceo para NUNCA MÁIS ter problemas coa inundación, pero como Deus é "bondadoso", el creou millóns de linguas para o proxecto non dese correcto, pois ninguén se entendería. Unha proba de como Deus é bonzinho e debemos adoralo incondicionalmente... MWAHAHAHAHAHA!!!

Pero o que esta merda ten que ver coa sagrada Desgalipedia??[editar]

Na Wikipedia sugiu un proxecto de crear identificacións para os usuarios de acordo coas linguas que falan e así poderiamos facilitar o plaxio a interacción entre os proxectos wiki en diversas linguaxes. O proxecto xera listas de usuarios que falan certa lingua e separa en categorías, como se explica máis abaixo - vexa, por exemplo, a.

Como axudar?[editar]

Non todos os usuarios e colaboradores desta Desgalipedia falan e/ou escriben na mesma lingua. Para axudar a comunicarse, por favor clasifíquese a si mesmo segundo o coñecemento que teña das distintas linguas, engadindo a súa páxina de usuario ás categorías correspondentes. Por exemplo, para a lingua galega: gl, para o inglés en, de para ao alemán, pt para o portugués, es para o castelán e así sucesivamente. Como información adicional, os colaboradores poden especificar o nivel de coñecemento da lingua:

  • 1 significa coñecemento básico: a habilidade de entender e respostar cuestións sinxelas nunha lingua.
  • 2 significa coñecemento intermedio.
  • 3 significa coñecemento avanzado: a habilidade de corrixir ortografía e erros gramaticais nunha lingua.
  • 4 significa coñecemento a nivel de lingua materna, pero sen ser a primeira lingua de uso ou a súa lingua familiar.
  • A ausencia de código numérico indica que se trata da lingua materna do usuario.

Así, de-1 identifica a un colaborador cun coñecemento básico de alemán e gl-3 identifica a un usuario cun nivel avanzado de galego. As dúas letras do código da lingua son os mesmos códigos que os descritos en ISO 639. (Véxase a lista completa de linguas coa súa propia Desgalipedia.)

Como engadir o seu nivel de coñecemento dunha lingua á súa páxina de usuario[editar]

Ás veces, falar un idioma incomprensible se lle traer problemas.
Información Babel do usuario
zh 這個用戶的母語中文
en-4 This user speaks English at a near-native level of English.
sv-3 Denna Användare behärskar Svenska flytande.
mi-2 Tautaia tangata tōna taumata āhua pai mo te reo Māori.
es-1 Este usuario puede contribuir con un nivel básico de español.
gl-0 Este usuario non comprende o galego, ou ten grandes dificultades para entendelo.
Procurar usuarios por lingua
Información Babel do usuario
gl Este usuario é
galegofalante.
Modelo:User gl-4Modelo:User gl-3Modelo:User gl-2Modelo:User gl-1
gl-0 Este usuario non comprende o galego, ou ten grandes dificultades para entendelo.
Procurar usuarios por lingua

Segundo o número de linguas que coñeza debe usar o modelo de marcador chamado Babel seguido do número de linguas que coñeza e os seus códigos correspondentes:

  • Comézase escribindo {{Babel- (onde o signo "-" debe substituírse por un número).
  • Despois engada o número de linguas que queira asignar ao seu modelo para visualizar, seguido do signo | (ata agora o sistema que deseñamos admite como máximo dez linguas pero se vostede coñece máis poden crearse novos marcadores para incluílas).
    • ex. {{Babel-3| para tres linguas
  • A continuación hai que escribir os códigos das linguas que vostede fala, separados por |, onde xx é o código da Wikipedia para a lingua:
    • xx-1 para nivel básico
    • xx-2 para nivel intermedio
    • xx-3 para nivel avanzado
    • xx-4 para nivel de case lingua materna
    • xx lembre se se trata da súa lingua materna ou ten un coñecemento comparable non necesita engadir ningún número.
  • Remate pechando as chaves: }}

Dese xeito, por exemplo, {{Babel-2|gl|de-1}} indica un galegofalante con coñecementos básicos de alemán. {{Babel-4|gl|en-3|fr-2|es-1}} indica galegofalante cun nivel de inglés avanzado, nivel intermedio de francés, e coñecemento básico de castelán.

Vostede tamén pode engadir outros modelos de linguas seguindo o formato {{User xx-1}}.

Vostede tamén pode clasificarse como galegofalante mediante {{User gl}}, que inclúe automaticamente a páxina na categoría Usuario gl-N.

Categorías e modelos de marcador[editar]

O artigo principal desta categoría é: Desgalipedia:Babel/Lista

Exemplos das categorías e modelos necesarios. É importante seguir a orde de creación:

  1. Crear a categoría principal.
  2. Crear as subcategorías.
  3. Crear os modelos.

Véxase tamén[editar]