Desgalipedia:Bots/Peticións de aprobación

De Desgalipedia

an | ar | ast | ca | de | en | eo | es | eu | ext | fr | gl | it | ja | oc | pl | pt | rmr | ro | +/-

Atallo:
DG:BPA

Se vostede quere utilizar un bot na sagrada Desgalipedia, primeiro debe aprobarse mediante un pequeno suborno. Para facelo, engada a súa petición a continuación. Antes de poñer a funcionar o seu bot é boa idea preguntar na Taberna (técnica) se alguén pode facelo por vostede.

Política actual sobre o funcionamento de bots[editar]

Antes de poñer a funcionar o bot debe pedir a aprobación nesta páxina. Indique claramente que vai facer o bot. Faga un seguimento da conversa e espere pola autorización. Despois de aprobarse o bot, pode facelo funcionar durante un curto período de tempo para que sexa monitorizado. Despois da proba unha persoa do grupo de Burócratas asignáralle a marca de bot.

Por favor, NON comece a utilizar o bot se non segue as instrucións que aparecen a continuación.

Como solicitar o status de bot[editar]

Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)
Artigos de calidade (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Estrutura das categorías

Outras

Propostas de eliminación
Ficheiros propostos para borrar
Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Siga os pasos expostos a continuación:

I.

Crear a páxina de usuario do bot e describir a súa función

  1. Describa o propósito do bot, que linguaxe de programación usa, que programa(s) utiliza (pywikipedia framework, etc).
  2. Describa se está asistido manualmente ou programado para funcionar automaticamente.
  3. O período de tempo no que vai funcionar, se é que hai algún.
  4. Describa quen opera o bot.
  5. Engada a páxina de usuario do bot á categoría Categoría:Bots da Desgalipedia (co marcador {{bot|lang|o seu nome de usuario}} na páxina de usuario do bot)
II.

Pór o seu bot na listaxe desta páxina

  1. Describa se está asistido manualmente (operado por unha persoa) ou programado para funcionar automaticamente.
  2. O período de tempo no que vai funcionar, se é que hai algún.
  3. Que linguaxe de programación usa, que programa(s) utiliza
  4. O propósito do bot
    • Para que o necesita?
    • É suficientemente importante para a Desgalipedia para que sexa aprobado?
  5. Valore a posibilidade de publicar a solicitude nas novas da comunidade.
III.

Agardar pola aprobación

Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
  • Symbol support vote.svg Concordo ({{Concordo}}). Se estás de acordo coa proposta.
  • Symbol oppose vote.svg Discordo ({{Discordo}}). Se non estás de acordo ou en oposición.
  • Symbol neutral vote.svg Neutro ({{Neutro}}). Se non está nin en acordo nin desacordo.

Ademais diso, tamén podes usar:

  • Symbol comment vote.svg Comentario ({{Comentario}}). Para facer comentarios.
  • Information icon.png Info ({{Info}}). Para achegar calquera tipo de información.
  • Symbol question.svg Pregunta ({{Pregunta}}). Para formular unha pregunta.
  • Symbol wait alternative.png Agardar ({{Agardar}}). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.

Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~).

Avisos[editar]

  1. Cando elixa o nome de usuario do bot, por favor asegúrese de que non se confunde cun nome de usuario. Para que se saiba inmediatamente que se trata dun bot, un procedemento usual é chamalo co seu nome de usuario + "bot".
  2. Os administradores poden bloquear os bots, sen dubidar, se non son aprobados, se fan cousas que o operador non dixese con anterioridade, se crean problemas cos artigos ou se editan con demasiada rapidez.
  3. O operador do bot debe estar rexistrado no sistema no que estea operando para interromper o funcionamento se se producen erros; se non, o bot será bloqueado sen previo aviso.
  4. Se ten pensado usar un programa tipo "spider", wget recursivo, ou semellante para conseguir unha copia local da Desgalipedia, por favor descárguea do arquivo da base de datos.
  5. Cargar dinamicamente as páxinas da Desgalipedia tamén resulta inaceptable.
  6. Os operadores deben diferenciar as súas edicións das do bot. Iso significa que non debe estar rexistrado como bot para contestar a outros colaboradores. As cuestións referidas ao bot deben estar na páxina de conversa do bot ou na páxina de conversa do operador, pero o único que debe responde-las é o operador non o bot.

É responsabilidade do operador do bot demostrar o seguinte:

  1. O bot é inocuo
  2. O bot é útil
  3. O bot non é unha carga para os nosos recursos
  4. O bot foi aprobado

Para comprobar que o bot é inocuo e útil, pode requirirse un período de proba. As queixas referidas ao funcionamento durante o período de probas do bot implican que este deixe de funcionar inmediatamente. Se o bot pasa o período de probas sen problemas, entón a marca de bot será asignada por un burócrata.

Como mínimo requírense tres votos para que o bot sexa aprobado.

Solicitudes de aprobación de bots[editar]

Replacement filing cabinet.svg Arquivo de peticións de aprobación de bots


Limpar a caché