Desgalipedia:Burócratas
![]() |
Isto é unha política oficial da sagrada Desgalipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta uncyclopedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Probablemente foron creadas polo ditador do sitio |



Un burócrata é un administrador maligno que ten permisos de software para, entre outras cousas, ascender calquera usuario rexistrado a administrador e calquera administrador a burócrata. Esta función dos burócratas é a única na Desgalipedia que ninguén pode reverter, agás os stewards, todos ligados a outras Desgalipedias.
Os burócratas escóllense mediante votación e só poden chegar a ser burócratas usuarios que xa son administradores. Actualmente, na Desgalipedia, existen 3 burócratas (ver a Lista de burócratas). Os burócratas non toman a decisión de nomear administradores, que lle corresponde á comunidade: limítanse a outorgarlles os permisos cando son nomeados.
Funcións dos burócratas
En relación cos administradores
- Atribuírlles o estatuto de administrador a outros usuarios, cando a comunidade chegue a un consenso na páxina de eleccións á administración.
- Arquivar a votación no arquivo de votacións á administración.
- Avisar o usuario do resultado das eleccións a administradores na súa páxina de conversa.
- Actualizar a lista de administradores.
- Actualizar a páxina de novas con estes resultados.
En relación cos burócratas
- Atribuírlles o estatuto de burócrata a outros usuarios, despois do consenso manifestado en Desgalipedia:Eleccións a burócrata.
En relación cos bots
- Atribuírlles ou retirarlles o estatuto de bot a outros usuarios, segundo as políticas vixentes.
Nota: este é a única función en que os burócratas teñen dereito e poder de retirar permisos.
En relación cos usuarios
- Renomear usuarios, para o que deben usar Especial:Renameuser. A petición para a mudanza de nome pode facerse en Desgalipedia:Taboleiro dos administradores.
Burócratas da Desgalipedia
O número total de usuarios que contan na actualidade con funcións de burócrata é de 3. Esta é a lista completa e actualizada. Pódese contactar con eles individualmente ou a través do Taboleiro dos administradores.
A lista seguinte actualízase manualmente:
Os burócratas activos nos 6 últimos meses son:
|