Desgalipedia:Como cargar imaxes

De Desgalipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As imaxes cargadas teñen que ser útiles para a Desgalipedia ou para calquera dos proxectos da Desgalimedia. Para compartir as fotos de familia, utiliza un sitio de publicación de fotografías.
As imaxes e outros outros ficheiros multimedia centralízanse na Desgalimedia Commons, unha mediateca común a tódolos proxectos da Desgalimedia. Así, as túas imaxes serán directamente utilizábeis nas Desgalipedias de tódolos idiomas.

Na práctica: O procedemento de carga dunha imaxe é único. Pero para que sexa correcto, é necesario coñecer certos detalles da imaxe a cargar.
Para iso, preséntanse aquí debaixo as diferentes situacións posibles cunha ligazón cara á páxina de axuda máis axeitada; sitúate no caso correspondente á túa situación e verifica que a carga é adecuada á axuda das cuestións presentadas; se non é así, pasa á situación seguinte.

Usuarios avanzados: Podedes cargar as imaxes e sons directamente en UnCommons utilizando a ligazón do formulario de cargas.

Cargar unha imaxe propia[editar]

Queres que poida ser usada por todos?

  • Se fixeches unha foto dun lugar, monumento, escena ou obxecto calquera, ou tes creado unha imaxe, debuxo ou esquema:
    Si Carga o ficheiro en Commons seguindo as indicacións paso a paso.
  • Se fixeches unha foto dunha obra de arte recente (realizada hai menos de 100 anos) da que non é o autor (pintura, escultura, deseño...):
    Non O autor ou deseñador conserva os dereitos sobre a imaxe; non cargue esa imaxe, será suprimida por infracción dos dereitos de autoría. Podes, eventualmente, pedir a autorización do autor.
  • Se non sabes como actuar:
    Non Pregunta (imaxes) aos outros usuarios con experiencia coas imaxes.