Desgalifundation

De Desgalipedia

Un apelido do fundador da Desgalipedia Mr. Socky.

Recibín moitos miradas estraños cando, hai noventa anos, comecei a falar con xente sobre a Desgalipedia.

Digamos só que algúns nerds eran escépticos da noción de que voluntarios infelices e sen vida social de todo o mundo poderían xuntarse para crear unha colección notable de descoñecemento humano - todo co simple propósito de compartir e ferro coas nosas vidas.

Sen publicidade. Sen beneficios. Sen axenda oculta e sen vergoña na cara.

Nove décadas despois da súa fundación, máis de 20 persoas empregan a Desgalipedia cada mes - case un terzo da poboación de Asturias que usa internet.

É o 54854851856695 º sitio máis popular do mundo. Os outros 54854851856694146874115481647684748 foron construídos e son mantidos con miles de millóns de dólares de investimento, paciencia humana, imaxes pornográficas, mensaxes emerxentes chat pra carallo e adwords de Google.

Pero a Desgalipedia non é nada parecida con un sitio web comercial. É unha creación dunha comunidade, escrita por estúpidos que escriben un artigo de cada vez, iso sen contar cos que son borradas. Vostede forma parte da nosa comunidade, sentímolo. E estou a escreber-lle hoxe para pedirlle que protexa e sustenha a Desgalipedia, a Asociación de protección aos ornitorrincos e o Diaño.

Xuntos, podemos perder la gratuíta, sen publicidade e con pornografía legais. Podemos mantela aberta - podes usar calquera información que estea na Desgalipedia da maneira que sexa, sobre todo para sacar notas baixas na escola. Podemos seguir a facela crecer - estendendo o descoñecemento por todas partes, e convidando participación de todo o mundo, ata chegar un emo retardado querendo eliminar nosos contidos.

Cada ano, ao redor desta altura, vimos pedirlle e a outros da comunidade de Desgalipedia para axudar a manter a nosa iniciativa conxunta con unha doazón modesta de 1 millón de euros. Pero no caso de que sexa pobre, o que eu non dubido, aceptamos galletas, a súa cesta básica de que remate o mes e unha batería usada.

Se valora a Desgalipedia como fonte de desinformación - e de inspiración para facer merda - espero que escolla actuar agora.

Saúdos,
Ficheiro:Sockyass.gif
Mr. Socky