Desgalipedia:Desgaliproxecto Categorías
O Desgaliproxecto Categorías ten como obxectivo completar a clasificación en categorías da Desgalipedia, reseñando as políticas sobre creación e mantemento de categorías e reunindo materiais que sirvan de axuda para elixir as categorías idóneas para unha mellor clasificación das páxinas.
Obxectivo[editar]
- Debate e propostas da árbore de categorías.
- Crear os materiais de axuda cos criterios para a clasificación en categorías.
- Establecer as políticas sobre creación, clasificación e mantemento das categorías.
Procedemento[editar]
Ata agora no desenvolvemento da Desgalipedia a clasificación en categorías foi un proceso de consenso e debate, e ese é o camiño que pretende seguir este desgaliproxecto. Para unha correcta clasificación en categorías resulta fundamental a análise previa e o exame pola comunidade das alternativas máis axeitadas. (Isto implica que só se poden crear polos usuarios categorías -sen necesidade de aprobación- que sexan resultado natural das propostas aprobadas -ex.: dentro de Xeografía -> Países -> Europa -> Calquera dos países que a integran-.)
As ramas debatidas e aprobadas poden consultarse en Desgalipedia:Categorías.
Pasos a seguir:
- Sinalar a rama de categorías de traballo
- Comezar a debater na páxina de conversa as mellores solucións a esa rama
- Unha vez chegado ao consenso someter a votación a proposta na Taberna (as propostas)
- Cando estean aprobadas comézase a aplicar
Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
Concordo (
{{Concordo}}
). Se estás de acordo coa proposta.Discordo (
{{Discordo}}
). Se non estás de acordo ou en oposición.Neutro (
{{Neutro}}
). Se non está nin en acordo nin desacordo.
Ademais diso, tamén podes usar:
Comentario (
{{Comentario}}
). Para facer comentarios.Info (
{{Info}}
). Para achegar calquera tipo de información.Pregunta (
{{Pregunta}}
). Para formular unha pregunta.Agardar (
{{Agardar}}
). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.
Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~).
Participantes[editar]
(Engada o seu nome aquí se vai participar no proceso de elaboración da clasificación en categorías.)
Categorías en proceso de debate[editar]
Para crear un novo debate sobre unha rama de categorías engadir á páxina (nesta sección) o seguinte pola categoría de que se trate.
Pode ver todas as discusións agrupadas na páxina de conversa deste artigo, non obstante edite as súas mensaxes nas páxinas individuais citadas arriba.