Desgalipedia:Política de protección

De Desgalipedia

A protección de páxinas na sagrada Desgalipedia significa a restrición ao acceso ao modo de edición a un grupo determinado de usuarios. Por regra xeral, os artigos e páxinas presentes non están protexidos e calquera pode modificar os seus contidos. O cambio do nivel de protección só pode ser levado a cabo por parte dos administradores. Non obstante, a protección dunha páxina non implica a imposibilidade de acceder a ela, xa que seguirá sendo visible para calquera que a visite.