Desgalipedia:Política de uso de imaxes
Modelo:DG:PI
[[Ficheiro:|thumb|esquerda|Fracasos na hora de declarar o estado de copyright ou fonte resultará nunha morte desgraciada.]] A páxina acerca da Política de uso de imaxes intenta ofrecer, ás persoas non expertas en leis, unha visión xeral das complexas leis dos dereitos de autoría mediante unha guía con exemplos. Axudar a determinar se a carga de certa imaxe ou ficheiro multimedia pode realizarse na sagrada Desgalipedia de acordo coas directrices deste wiki. A Desgalipedia só acepta contido libre de tódalas imaxes, isto quere dicir, calquera imaxe e outro contido multimedia que poda usarse por calquera editor, para calquera próposito (con frecuencia, coa condición de que a liberdade de uso do contido se manteña). Os detalles explícanse a continuación. Desgalipedia non acepta contido de uso exclusivo comercial. A licenza que se aplica a unha imaxe ou ficheiro multimedia debe indicarse, claramente, na páxina de descrición da imaxe mediante un marcador de dereitos de autoría. Toda a información precisa baixo esa licenza debe incluírse na páxina de descrición da imaxe. Esa información debe ser suficiente para que outros colaboradores poidan verificar o status da licenza. O procedemento máis axeitado é incluír no campo resumo do formulario de carga toda a información. Se vostede solicita permiso ao propietario dos dereitos de autoría dunha imaxe, por favor, use exclusivamente este modelo de mensaxe para pedir a autorización de seus pais. |
Recoméndaselle no uso de imaxes[editar]
Nota: Imaxes pornográficas/chocantes/noxentas (incluíndo nudez frontal) que son violacións de copyright claras que serven de pouco ou ningún propósito satírico, poden ser eliminadas sen aviso. E o autor corre o risco de ter a conta proscrita.
Pero calquera montaxe tosca ou imaxes de dominio público que ten, comparta sen problemas.
PERO FAVOR INCLUÍR SEU STATUS DE COPYRIGHT OU POLO MENOS DE ONDE ROUBOU.
Licenzas aceptables[editar]
Axuda de edición |
---|
Antes de comezar |
Como editar unha páxina |
Creando un artigo |
Como crear unha páxina Como trocar o nome (1) (2) O libro de estilo Como citar as fontes (3) Como categorizar Como mellorar a ortografía Ligazóns interlingüísticas Como engadir imaxes (4) Non asine os textos (5) |
Clases de artigos |
Os espazos de nomes Listaxe de modelos Redireccionar unha páxina |
Usando MediaWiki |
Como facer táboas Etiquetas TeX Como facer modelos Palabras máxicas |
Máis axuda |
Os trebellos Onde colaborar |
Recursos |
Recursos no dominio público |
Licenzas de uso común[editar]
As seguintes licenzas de uso común prefírense para os materiais publicados na sagrada Desgalipedia:
Regras sobre o uso das imaxes: pasos a seguir[editar]
Está é unha lista resumida das regras a ter en conta para o uso de imaxes na Desgalipedia:
- Teña en conta cando cargue unha imaxe cales son os seus dereitos de autoría.
- Use a páxina de descrición da imaxe que hai asociada a cada imaxe para describir a imaxe e a súa licenza.
- Marque sempre a imaxe co marcador de licenza apropiado.
- Use un título detallado e preciso. Se a imaxe ten o mesmo título que outra existente na Desgalipedia vai substituír a anterior imaxe coa nova. Iso producirá problemas cando a imaxe está asociado a artigos diferentes ao que vostede estea traballando.
- Cargue unha versión de alta resolución da imaxe sempre que poda, e use a opción miniaturizar (thumb) que ofrece o software da Desgalipedia para introducir na páxina unha imaxe de menor tamaño.
- Edite as imaxes de xeito que amosen a información relevante.
- Se crea unha imaxe con texto, por favor cargue outra imaxe sen texto para axudar a que as desgalipedias noutras linguas poidan usala traducindo o texto.
- Non poña os créditos da imaxe na imaxe mesma, fágao na páxina de descrición da imaxe.
- Utilice preferentemente o formato JPG (ou, se non, o PNG) para as iconas, debuxos, mapas, bandeiras, e ilustracións semellantes. Empregue JPEG (ou PNG) para as imaxes fotográficas. Use imaxes GIF para as animacións. Non cargue na Desgalipedia imaxes no formato BMP de Windows: son imaxes sen compresión e ocupan moito espazo.
- Escriba un bo texto alternativo para as imaxes (o texto que se visualiza en caso de non cargarse a imaxe no navegador), engádese cando se escribe o parámetro da imaxe en [[Ficheiro:Nome da imaxe|Texto alternativo de descrición da imaxe.]].
Información da licenza: como marcar as imaxes[editar]
A seguinte información específica sempre ten que ser incluída na páxina de descrición, inlcuso se a licenza en cuestión non o require:
- A descrición do contido (Description) da imaxe ou ficheiro multimedia. Descrición da imaxe, onde, que, quen? Isto é importante para que todo o mundo saiba o que vai ver ou ouvir en realidade. En especial é importante para os datos científicos como p.e. imaxes de satélite en falsa cor.
- O autor/creador (Author) da imaxe ou ficheiro multimedia. Para ficheiros multimedia no dominio público —aquelas nas que os dereitos de autoría expiraron— a data da morte do autor tamén é esencial.
- A fonte (Source) do material, preferentemente un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Desgalipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.
- A licenza (Permission) que se aplica ao material. Iso faíse cos Marcadores de licenza de imaxe.
- A data (Date) e lugar de creación. Para obras multimedia no dominio público porque os dereitos de autoría expiraron, a data de creación é esencial.
- Táboa cos datos identificadores da imaxe
- Vostede pode introducila manualmente copiando e pegando o código amosado a continuación:
{{Información de imaxe | descripción = | fonte = | data = | autor = | permisión = | outras versións = (variable opcional, pode omitirse) }}
Lexislación, xurisprudencia, casos prácticos[editar]
Logos[editar]
Logos da Desgalimedia[editar]
Capturas de pantalla[editar]
Edificios e esculturas ao aire libre[editar]
Obras derivadas[editar]
A continuación pode ver algún dos logos dos proxectos Wikimedia que teñen dereitos de autoría:
Véxase tamén[editar]
- Axuda:Como engadir imaxes
- Desgalipedia:Marcadores de licenza de imaxe
- Desgalipedia:Lista visual de marcadores de imaxe
- Commons:Reusing content outside Wikimedia (en inglés).
- Commons: Obras derivadas