Desgalipedia:Política e normas

De Desgalipedia
Francisco Franco.jpg Isto é unha política oficial da sagrada Desgalipedia.
Ten unha ampla aceptación entre os editores desta uncyclopedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir.
Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.
Probablemente foron creadas polo ditador do sitio

A Desgalipedia é un sitio libre na que calquera pode editar sen distinción de credo, cor, raza, partido político, equipo de fútbol, orientación sexual ou videoxogo preferido.

A Desgalipedia posúe dúas regras básicas e primordiais, comúns a case todos os idiomas da Uncyclopedia: Sexa divertido e non idiota e Non sexa un FDP.

Ao longo do tempo, a Desgalipedia desenvolveu unha serie de políticas e normas para conseguir o noso obxectivo de crear unha enciclopedia libre. Con base na experiencia propia e na doutros proxectos da Fundación Desgalimedia, os usuarios da Desgalipedia foron adoptando por consenso e/ou votación algunhas destas políticas imposición de seu dictador. Aquí ofrécese unha boa lista delas, algunhas delas aprobadas e outras que aínda están camiño de recibir o prace da comunidade coa redacción actual.

Normas fundamentais

Todas as políticas oficiais de Desgalipedia deben basear os seus principios en cinco piares que definen o carácter da enciclopedia:

  • A Desgalipedia é unha enciclopedia.
  • A Desgalipedia procura o punto de vista neutral.
  • A Desgalipedia é unha enciclopedia de contido libre.
  • A Desgalipedia posúe unhas normas de conduta.
  • A Desgalipedia non ten regras fixas.

Ou sexa que a Desgalipedia non é un dicionario, nin un libro de papel, nin unha colección de ligazóns, nin un blog, nin un foro de discusión, entre outras moitas cousas que a wikipedia non é.

Normas relacionadas co punto de vista neutral

Os artigos da Desgalipedia deben procurar mostrar un punto de vista neutral que represente equilibradamente as visións existentes sobre un tema. En relación con esta idea desenvolvéronse este conxunto de normas:

  • Busque o punto de vista neutral
  • Comprobe que todo sexa verificable
  • Cite as fontes
  • Non faga promoción de ideas, persoas nin de vostede mesmo.
  • A wikipedia non é unha fonte primaria.
  • Non sabote a Desgalipedia para apoiar o seu punto de vista.
  • Non xogue co sistema.

Normas relacionadas coa boa conduta

A convivencia na Desgalipedia baséase no respecto e na colaboración. Por iso ten que ter presente as normas de conduta e as cousas que non se deben facer. En concreto, desenvolvéronse normas específicas nestes aspectos:

  • Compórtese civicamente
  • Presupoña boa fe
  • Non cree bandos nin use monicreques
  • Non faga guerra de edicións
  • Non rompa a edición
  • Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa

Normas relacionadas co estilo

  • Libro de estilo
  • Toponimia
  • Biografías de persoas vivas
  • Categorización de artigos

Normas relacionadas cos procedementos de elección

Normas relacionadas coa administración

  • Tipos especiais de usuarios
Desgalipedia:Administradores e Desgalipedia:Burócratas
Bots
  • Borrado de artigos
Normas específicas para borrar artigos
Como eliminar artigos rapidamente
  • Creación e tratamento de imaxes
Política de uso de imaxes
Marcadores de licenza de imaxe
  • Política de privacidade

Vexa tamén