Desgalipedia:Portal

De Desgalipedia
Non se debe confundir con Desgalipedia:Portal da comunidade.
Atallos:
DG:PORTAL
DG:PO

Os portais son páxinas que serven como "Portadas" para temas ou áreas específicas. Un portal pode estar asociado a un ou máis Desgaliproxectos, pero ó contrario destes están destinados tanto a lectores coma a editores da sagrada Desgalipedia, polo que deben promover o contido e animar á contribución. Os portais créanse só para temas enciclopédicos, non para tarefas de mantemento de artigos.

Definición[editar]

Espazos de nomes da Desgalipedia
Espazos de nomes básicos Espazos de nomes conversa
0 Principal (ou Artigo) Conversa 1
2 Usuario Conversa usuario 3
4 Desgalipedia Conversa Desgalipedia 5
6 Ficheiro Conversa ficheiro 7
8 MediaWiki Conversa MediaWiki 9
10 Modelo Conversa modelo 11
12 Axuda Conversa axuda 13
14 Categoría Conversa categoría 15
100 Desgalicitas Conversa Desgalicitas 101
102 Desgalilibros Conversa Desgalilibros 103
828 Módulo Conversa módulo 829
2300 Gadget Gadget talk 2301
2302 Gadget definition Gadget definition talk 2303
2600
Espazos de nomes virtuais
-1 Especial
-2 Media
Os portais poden levalo a un lugar ou ao outro.

O propósito dun portal é axudar ós lectores e/ou editores a navegar polas áreas temáticas da Desgalipedia por medio de páxinas semellantes á Portada. Os portais son esencialmente puntos de entrada útiles para ó contido da Desgalipedia. Os portais orixináronse nas Desgalipedias en polaco e alemán.

Os portais están suxeitos ós cinco piares da sagrada Desgalipedia e deben cumprir as políticas básicas de contido (punto de vista neutral, non fonte primaria, verificabilidade etc.).

Os portais poden atoparse no modelo {{Índice portais}} ou na categoría correspondente. Tódolos portais e as posibles categorías epónimas ou subcategorías atópanse baixo esta categoría, e levan o sufixo "Categoría:Portal:".

Non hai un deseño específico para os portais, pero os máis habituais son os deseños "en caixas" ou os que imitan á propia portada. O máis habitual é que os portais conteñan unha selección de artigos e/ou imaxes en destaque, ligazóns ás categorías principais do tema tratado, información xeral sobre o tema, ligazóns a portais relacionados, ligazóns ó Desgaliproxecto relacionado (se existe) etc.

A ligazón a portais nos artigos faise incluíndo os modelos {{portal}} ou {{barra portal}} na sección "Véxase tamén" dos artigos, segundo se indica no libro de estilo.