Desgalipedia:Preguntas máis frecuentes
Saltar á navegación
Saltar á procura
Benvido á Desgalipedia!
Contidos de axuda: Referencia rápida · Preguntas máis frecuentes · Glosario · Pide axuda · Guía
Preguntas máis frecuentes sobre a sagrada Desgalipedia
Esta é unha lista das preguntas máis frecuentes que os usuarios novos poden ter sobre como usar e contribuír na Desgalipedia. Se a túa dúbida non está respondida nestas páxinas de axuda, podes deixar unha mensaxe na sección "axuda" da Taberna.
Como edito unha páxina?[editar]
- Editar unha páxina é sinxelo, só tes que facer clic na lapela "Editar" na parte superior da páxina ou nas ligazóns de editar das cabeceiras das seccións. Isto leva a unha nova páxina cunha caixa de edición onde se poden facer os cambios ao texto. Ao rematar a edición cómpre escribir un breve resumo de edición no campo baixo a caixa de edición describindo os cambios feitos.
Como creo unha páxina nova?[editar]
- Non é necesario ter unha conta rexistrada na Desgalipedia para crear un artigo. Non obstante, é recomendable facela dado que achega algúns beneficios, descritos na páxina Desgalipedia:Como rexistrarse.
- Para crear un novo artigo, bótalle unha ollada ás recomendacións expostas en Desgalipedia:Como crear unha páxina.
Por que borrastes o meu artigo?[editar]
- O mellor xeito de atopar o motivo é mirando o rexistro de borrados (escribe o nome exacto do artigo na caixa "Título:", con distinción entre maiúsculas e minúsculas).
Como troco o nome dun artigo?[editar]
- Para trasladar o artigo, usa o botón "mover". Cómpre ter unha conta de usuario rexistrada de máis de catro días con polo menos dez edicións. Se aínda non es un usuario autoconfirmado, o traslado pode traer controversias ou a páxina que desexas renomear está protexida, solicítao en Desgalipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios.
Como cambio o meu nome de usuario ou borro a miña conta?[editar]
- Para cambiar o teu nome de usuario podes facer unha solicitude en [[Desgalipedia:]]. Os nomes de usuario non se poden borrar. Podes, non entanto, solicitar que a túa páxina de usuario sexa borrada incluíndo o marcador {{Lixo}} nela.
Cando se publicou a Desgalipedia por vez última?[editar]
- A Desgalipedia non é unha enciclopedia en papel. A base de datos en liña actualízase cada vez que un editor modifica unha páxina, polo que está en constante evolución.
Quen escribiu o artigo X na Desgalipedia?[editar]
- Case todos os artigos presentes na Desgalipedia están escritos por varios editores, e non simplemente un só. Premendo na lapela "historial" que atoparás na parte superior de calquera artigo, irás parar ata unha lista de todos os colaboradores que construíron o artigo. Se tes intención de unirte a eles, podes botar un ollo antes á páxina Desgalipedia:Como comezar a colaborar.
A quen pertence a Desgalipedia?[editar]
- Véxase Desgalipedia:Preguntas máis frecuentes/Xeral#A quen pertence a Desgalipedia? para obter máis detalles.
Por que hai problemas co acceso ao sistema?[editar]
- Véxase Desgalipedia:Como rexistrarse#Como acceder ao sistema para obter máis detalles.