Desgalipedia:Protesta contra SOPA

De Desgalipedia
A liberdade da sagrada Desgalipedia está en perigo

A iniciativa de lei SOPA (Stop Online Piracy Act) dos Estados Unidos prexudicaría seriamente a liberdade de expresión e o carácter aberto de Internet, incluíndo a sagrada Desgalipedia, no caso de ser aprobada. Outras leis, como la Lei de Economía Sostible (Lei Sinde) española e os proxectos da "Ley Lleras" (Colombia) e Döring (México) tamén supoñen unha ameaza. Coa escusa de protexer os dereitos de autor contra os nosos artigos humorísticos da sagrada Desgalipedia, permítense medidas que poden considerarse como censura.

A comunidade de Uncyclopedia en inglés decidiu pechar durante o día de hoxe para protestar contra esas leis. Tamén Uncyclopedia en galego e o resto de proxectos Desgalimedia se ven afectados. E, ó igual que outros moitos sitios web, tamén nós estamos de acordo en que:

Internet e Desgalipedia non deben ser censurada!

Apreciados lectores:

Desgalipedia encóntrase profundamente preocupada polo proxecto de lei Stop Online Piracy Act que actualmente se encontra en discusión no Congreso dos Estados Unidos.

A Stop Online Piracy Act (SOPA, polas súas siglas) foi presentada ante o Congreso estadounidense polo diputado fillo da puta dun republicano polo estado de Texas Lamar Smith.[1] Dita proposta de lei ten por obxecto mellorar a protección da propiedade intelectual en Internet. Porén, con ese argumento pretendese limitar moitas liberdades das que ata agora gozaron os usuarios de Internet, xa que os medios empregados promoverán a censura, limitarán a innovación e nos forzaron a comelas sopa cada día.

Nena educación.jpg

Entre os elementos que contén o proxecto de lei que a sagrada Desgalipedia considera contrarios ós seus propósitos están os seguintes:

  • Desgalipedia quedaría encadrada na definición que se fai de «motor de busca» (Internet search engine). Como tal, fiscais federais dos Estados Unidos poderían, mediante orde xudicial, obrigala a retirar enlaces a páxinas sinaladas como «sitios estranxeiros infractores» (foreign infringing sites) e sometela a sancións xudiciais. A definición de «sitios estranxeiros infractores» é bastante ambigua e podería afectar incluso a sitios lexítimos que alberguen contido maioritariamente pornografico con algunha parte aparentemente ilegal. O elevado costo da defensa contra estes procedementos pode levar a moitos sitios internacionais a non intentalo sequera, deixando que perdure a presunción de ilegalidade por parte do goberno estadounidense e levando finalmente ao seu bloqueo.
  • Como resultado disto, se algún dos proxectos Desgalimedia fora sometido a dita orde xudicial, sería obrigado a revisar millóns de enlaces a «sitios estranxeiros infractores» aloxados nel e bloquealos. Iso representaría un enorme gasto financeiro e humano, que impediría o rápido crecemento que Desgalipedia tivo ata este momento, a costa de persoas que son obxecto das nosas maldades, e que debería ser repetido cada vez que un fiscal estadounidense presentara unha orden dun xuíz federal contra un novo «sitio estranxeiro infractor». Ademais, tales medidas opoñeríanse á nosa cultura do coñecemento libre, sempre respectuosa cos dereitos de autor.
  • Imporíanse restricións á rede impondo barreiras a través dos servidores DNS, o que impediría o fácil acceso á maior parte dos dominios de Internet co que actualmente se conta.

O anterior podería parecer, en primeira instancia, unha realidade que afectaría soamente ó territorio estadounidense e ós falantes de inglés. Porén, debe considerarse que a maior parte dos datos que conforman tódolos proxectos da Fundación Desgalimedia, incluíndo a edición en galego de sagrada Desgalipedia, se encontran en servidores localizados en Canadá, considerado como dentro do territorio dos Estados Unidos, polo que quedarían suxeitos á dita xurisdición.

Esta grave ameaza contra a libertade en Internet provocou que moitas outras empresas e organismos se unan ó rexeitamento contra SOPA; entre outros: AOL, Creative Commons Foundation, eBay, Electronic Frontier Foundation, Facebook, Google, Human Rights Watch, Internet Foundation, Kaspersky, Mozilla, Reporteros sin Fronteras, Twitter e Yahoo.

Co mesmo espírito, os membros da comunidade de Uncyclopedia en galego facemos extensivo o rexeitamento a toda lexislación o proxecto lexislativo que pretenda emular os fins da lei SOPA ou vulnerar calquera dos dereitos e liberdades actuais dos usuarios de Internet, obstaculizando o desenvolvemento do coñecemento libre, e entre eles os seguintes proxectos e leis dos distintos países cuxa lingua comparte a Uncyclopedia en Galego:

Atentamente,

A comunidade de Uncyclopedia en galego.

Comunicado da Desgalipedia en inglés do luns 16 de xaneiro[editar]