Desgalipedia:Traducir

De Desgalipedia

A Desgalipedia é un proxecto de humor feito en moitas linguas diferentes, habitualmente sobre un determinado tema hai artigos dispoñibles en varias desas linguas. Por ese motivo, en ocasións, cando se necesita un artigo con urxencia impórtase dunha Desgalipedia a outra.

Cando iso se faga nesta Desgalipedia, pódese engadir un modelo de mensaxe que indica se se necesita ou non, colaboración doutros usuarios para realizar a tradución. Os modelos de mensaxes son:

  • Solicitude de axuda, introdúcese escribindo o marcador {{Nongalego}} na páxina:
Este artigo precisa dunha tradución ao galego.
A súa axuda é benvida. Se este artigo non se traduce nun prazo de trinta días,
pasará á lista de páxinas para borrar.
Colabore connosco para que a sagrada Desgalipedia mellore e medre.
  • Artigo en proceso de tradución polo usuario que o publicou, introdúcese escribindo o marcador {{Entradución}} na páxina:
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Desgalipedia, por favor non o edite.
Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, pasará á lista de páxinas para borrar.

As páxinas que conteñan esas mensaxes aparecerán listadas na Categoría:Traducir. (Nota: Lembre que a mensaxe se introduce co marcador escrito entre corchetes e non copiando e pegando o texto de arriba.)