Desgalipedia:Usuarios autoconfirmados

De Desgalipedia
Francisco Franco.jpg Isto é unha política oficial da sagrada Desgalipedia.
Ten unha ampla aceptación entre os editores desta uncyclopedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir.
Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.
Probablemente foron creadas polo ditador do sitio
A pesar da Desgalipedia non ser un lugar para namorar, pode atopar moitas mozas por aquí. Ou homes disfrazados de muller. Coidado!

Os usuarios autoconfirmados son aqueles usuarios que pasan certos requirimentos de antigüidade e mais de número de edicións. O status de autoconfirmación é comprobado cada vez que o usuario leva a cabo unha acción restrinxida: por conseguinte, é concedido polo software e non pode ser retirado. Os requirimentos precisos para acadar o status de usuario autoconfirmado varía segundo as circunstancias: para a maioría dos usuarios da Galipedia, as contas que teñen máis de 4 días de antigüidade e teñen realizado, polo menos, 10 edicións son considerados autoconfirmados. Non obstante, os usuarios que editan mediante unha rede TOR están suxeitos a normas máis estritas para a súa autoconfirmación: actualmente 90 días e 100 edicións.

O status de usuario autoconfirmado requírese para mover páxinas, edita páxinas semiprotexidas e cargar ficheiros (ou cargar unha nova versión dun ficheiro xa existente). Os usuarios autoconfirmados non precisan teclear o código CAPTCHA de comprobación na maioría de eventos. Os usuarios autoconfirmados poden tamén marcar as páxinas como patrulladas en Especial:NewPages.

Ademais de se dar de alta na Desgalipedia, tamén confirmaron o seu correo electrónico, o que os fai aptos para escribir e editar páxinas que tiveron que recibir algunha protección debido a vandalismos recorrentes. Sendo un autoconfirmado, tamén se pode ter contacto con outros Desgalegos, e quen sabe atopar o seu Par Perfecto podendo interactuar mellor con outros en creación de bromas, ademais de que os administradores malignos poden contactar con vostede con mellor facilidade para aclarar dúbidas.

Dereitos do grupo

Desgalipedistas · Usuario autoconfirmado · Bot · Administrador · Burócrata · Verificador de usuarios · Monicreques
Steward · Administrador das eleccións ao Consello de Administración · Importador · Transwiki · Desenvolvedor · Supervisor