Desgalipedia:Votacións

De Desgalipedia

Modelo:PolíticasDesgalipedia

Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)
Artigos de calidade (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Estrutura das categorías

Outras

Propostas de eliminación
Ficheiros propostos para borrar
Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Para as votacións actualmente en curso, véxase Categoría:Desgalipedia:Votacións en curso.
Cadro coa síntese dos prazos e máis o número de votos
  • Artigos de calidade: 3/4 dos votos; 15 días de votación; 5 votos mínimos a favor.
  • Artigos bos: 3/4 dos votos; 15 días de votación; 5 votos mínimos a favor.
  • Destacados na Portada: 2/3 dos votos; 15 días mínimos de votación; 5 votos mínimos a favor.
  • Votacións para borrar: 2/3 dos votos; 7 días mínimos de votación; 5 votos mínimos a favor.
  • Aprobación de bots: 3/4 dos votos; 7 días mínimos de votación; 3 votos mínimos a favor.
  • Dereitos de administrador:
    • Eleccións: 3/4 dos votos; 15 días de votación.
    • Revogacións: maioría simple; 15 días de votación.
  • Políticas: 3/4 dos votos; 30 días de votación; 5 votos mínimos a favor.

Tipos[editar]

Existen diversos tipos de votacións, de natureza diferente:

Quen pode votar?[editar]

A participación nas votacións, ao contrario que nas simples conversas de debate, está restrinxida a certos usuarios con experiencia e que xa están recoñecidos pola comunidade. Polo tanto, o primeiro requisito é ser un usuario rexistrado nesta Desgalipedia. Pero non abonda con iso só, antes débese obter o estado de autoconfirmación, que dá o software automaticamente a aqueles editores despois duns días do rexistro da conta. Aínda con estes permisos, o usuario debe:

  • Ter feito un mínimo de 50 contribucións válidas nos artigos.[lower-alpha 1]
  • Ter unha antigüidade mínima de 60 días, a contar desde a primeira edición e antes do inicio da votación.[lower-alpha 2]

Con estas limitacións conséguese que os desgalipedistas que deciden o resultado da votación cos votos exercidos teñan un mínimo de coñecemento e experiencia na comunidade.

Todos estes requisitos pódense consultar introducindo o nome de usuario neste contador de edicións.

Proceso da votación[editar]

Creación[editar]

Poderán iniciar unha votación todos aqueles usuarios que cumpran os mesmos requisitos que para votar.

As votacións débense crear como subpáxinas desta, Wikipedia:Votacións. O título usado ten que describir con precisión o obxecto da votación. Na parte superior da páxina débese incluír o marcador {{Wikipedia/Votación}}, no que se facilitará o resumo e máis as datas de inicio e de fin da votación. Con este formato:

{{Wikipedia/Votación|resumo=Título breve que describa a votación.|data de inicio|data de fin}}

Transcurso[editar]

Prazo[editar]

Notas[editar]

  1. 200 no caso de elección/revogación de dereitos. Ver Desgalipedia:Elección de administradores e Desgalipedia:Elección de burócratas
  2. 4 meses no caso de elección/revogación de dereitos. Ver Desgalipedia:Elección de administradores e Desgalipedia:Elección de burócratas

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]