Desgalipedia:Xornal da Desgalipedia/Acerca de

De Desgalipedia
O Xornal da Desgalipedia
Acerca de

Acerca do Xornal da Desgalipedia

O Xornal da Desgalipedia é un medio libre de contido escrito e editado pola comunidade que serve como medio para informar do que sucede no wiki, contar as nosas historias, acontecementos e informes, así como manter un seguimento da actualidade de todo o relacionado coa sagrada Desgalipedia en galego e os proxectos relacionados. Publícase un número cada primeiro de mes, e cadaquén pódese subscribir ás actualizacións a través da páxina de subscricións. Co Xornal preténdense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores do proxecto, e calquera está benvido a contribuír con artigos, reportaxes e suxestións.

O primeiro número do Xornal da Desgalipedia publicouse nos tempos de Maricastaña. Desde aquel día, houbo dous números máis nese ano e outro máis no ano seguinte. Durante tres anos o Xornal caeu no esquecemento, ata xullo de 2013 cando se retomou o labor de achegar as novas de primeira man mes a mes.

A diferenza da meirande parte dos contidos da Desgalipedia, os artigos do Xornal posúen unha liña que indica a persoa responsable da principal redacción da noticia. Non obstante, acéptanse edicións posteriores á publicación para facer correccións gramaticais ou de grallas de hortografía.

Portada Acerca de Suxestións Subscribirse Arquivo