Deva (deusa)

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Deva (homónimos).
Deva
Deva.jpg
Deva á espreita na gándara a ver si pilla cacho.
Título:
Nado: Na Idade do Ferro.
Lugar de nacemento: Quintela de Leirado, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Festividade:
Venerado en:
Atributos: Deusa galega das augas.
Patrón de:


Deva na ducha, que lle sae gratis of course!.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: NinfaCita2.png
Google sobre Deva (deusa)

Cita1.pngDeva, outro río divinizadoCita2.png
André Pena Graña sobre Deva antes de ser afogado por unha ninfa

Deva, foi unha deusa dos castrexos galaicos (e quen sabe si tamén dos petroglifenses.

Mito[editar]

Deva naceu por accidente, xa que a deusa Navia lle trabou un cocodrilo do Miño e ao limpar o sangue da súa man nunha alga nasceu Deva e así converteuse en deusa dos ríos, gándaras, lagos e pozos peagos (por onde asoma un río subterráneo) sendo unha gardiá na fronteira natural entre o noso Universo e o Outro Mundo (o alén).

Ao nacer tívose que gañar o pan, xa que habia moita competencia entre os deuses, asi que mangou un arma no cuartel do Monte Pindo e a cada persoa que cruzaba un río a coaccionaba pra que lle dera algo do que levaba ou se non...

Por iso se gañou fama de ser unha boa prea e vivir do traballo arreo, pra cambiar de imaxe foi a unha empresa de marketing social e fixéronlle unha campaña promocional na que aparecía 20 anos mais nova e inaugurando pontes sobre os ríos. Así gañou as eleccións do 88 A. de C.; a súa fama foi tan grande que cando Décimo Xunio Bruto Galaico chegou ao río Limia lle fixo unha boa ofrenda de prisioneiros de guerra pra que a deusa lle deixara pasar a todo o seu exército sen perigo de seren enculados polos xacios.

Aparez no ciclo mitolóxico de Fión (Lugo) cando Fionna tenta renegociar a súa hipoteca cun dómine e ao negarse este a muller pide axuda ao río deva e éste axúdalle afogando ao especulador.

Epítetos[editar]

  • Deva peaga: que bota peidos e por iso saen augas sulfurosas e termais cerca dos ríos.
  • Deva pachonlotza: Deva dos ollos brillantes e pelo brillante (que pra iso se bota todo o día na auga).
  • Deva Tongoenabriago: Deva que si te pilla te afoga entre seus peitos.

Interpretacións[editar]

Os celtistas corréronse de placer ao ver que un vocablo celta lles viña axudar a facer celtas aos castrexos, mais o Doutor TNT lembroulles que era preindoeuropeo e que ao mellor fora traida polos megaliteiros desde Corea.