Diego Xelmírez

De Desgalipedia
Diego Xelmírez
Diego Xelmírez perfil.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XI D. de C.
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Profesión Arcebispo galego da Idade Media
Cita1.pngOs galegos ademiramos o talento caciquil de Xelmirez, pero non estamos tristes por descoñecer a data da súa morte ou onde está enterrado, porque traicionou os nosos anceios e desviou as nosas enerxías, creando un emperador en Toledo en vez de formar un rei para CompostelaCita2.png
Castelao opinando sobre Xelmírez
Cita1.pngTragaba moi ben e era moi xeneroso, grazas ó ouro galego erguín o VaticanoCita2.png
o papa Calisto II sobre Xelmírez.
Cita1.pngMenudo cambiachaquetas.Cita2.png
Pedro froilaz de Traba falando sobre o talento diplomático de Xelmírez.
Cita1.pngMMMH! Que gran home... pena que sexa un cregoCita2.png
Raíña Urraca opinando sobre xelmírez.
Cita1.pngTiña que facer coma min e chamar á OTAN pra liberar á Galiza!Gz free power pop!Cita2.png
Cita1.pngSanto varón protector da Hispania, xoia da miña coroa leonesista.Cita2.png
Afonso VII sobre o primeiro arcebispo de Compostela.
Cita1.pngTodo un santo machote.Cita2.png
Ramón Otero Pedrayo no seu libro sobre Xelmirez.

Diego Xelmírez foi o primeiro Arcebispo de Compostela de 1101 a 1136 segundo privilexio papal, liberador de Galicia, pai da patria galega.

Biografía (sacado da Historia Compostellana)[editar]

Xelmírez no Obradoiro preparado pra dar caña a Feijóo.

Diego naceu nunha garita do Monte Gaiás, por riba de Santiago de Compostela mentres seus pais fuxían dun ataque vikingo, xa desde pequeno foi protexido polos santos e anxos, e medrou sen ningunha doenza nin tara á gracia de Deus.

Estivo baixo a tutoría do conde Mendo, que era un pouco tiquismiquis e lle quería mudar o nome (xa qe o nome de Diego non era moi común e os outros rapaces bulrábanse del por iso) mais quixo Deus que non pasara iso e enviou chamar polo conde Mendo un día que éste estaba "inspeccionando" un prostíbulo da súa propiedade.

Diego foi deseguida estudiar matemáticas, pornografía, aritmética e elocuencia á escola catedralicia ó lado de San Martiño de Fóra (actual San Martiño Pinario), alí fixo grandes amigos entre os nenos que as familias bien (entre eles pero maior o futuro Rei García de Galicia) enviaban pra que estudiasen todos xuntos e despois fixeran negocios entre eles sen ter que andar combatendo entre sí. Nembargantes alí tamén fixo amigos íntimos, e andaba sempre collido pola man doutro seu compañeiro e isto non lle gustaba nada a Deus, e moito menos a seu pai que o colleu e o meteu no internado que tiña a catedral de Compostela

Naquel internado onde iva o pior de cada casa nobre aprendeu retórica, kamasutra, arte da guerra, compor cantigas de escarnio e maldezir, facerse porros e estratexia (alí dentroo inventaron o xogo risk que despois Napoleón Bonaparte tan ben aproveitou). Chegado á idade dos 18 anos foi enviado ó corte itinerante do rei Afonso VI (que traizoara seu propio irmán o rei de Galicia Don García pra roubarlle o reino) onde aprendeu o xogo de tronos, empresariales e matemáticas estadística.

Cinco anos depois voltou polo amor de Deus a Compostela, onde obtivo sen oposición o cargo de segredario e notario do conde Raimundo de Borgoña (que daquela gobernaba o reino de Galicia, o que hoxe é Galicia e Galicia do Sur), desde ese posto chegou administrador da sé compostelá, onde repartiu os beneficios cos coengos todos e así ficando todos contentos e ricos, mais outro candidato deulles mais cartos e Xelmírez perdeu o posto de administrador durante un ano, en canto mudaron de bispo os coengos presionaron ao borgoñón pra que voltase ó posto.

Roma e Santiago[editar]

Catro anos despois e estando a sé sen bispo Xelmírez aproveitou o posto vacante e correu cara Roma onda o Papa pra obte-lo posto tras encher de maravedises de ouro peto dos outros coengos ficando case arruinado Xelmírez, pero éste pediu prestado á orde dos templarios e achegouse onda o Papa co seu currículo e as cartas de recomendación dos coengos da catedral, asi que foi erguido á dignidade de diácono pola graza de Deus e o contento de Xesús de Nazareth, voltando cara Compostela foi violado por uns asaltantes de camiños disfrazados de templarios e foi nomeado bispo de Compostela a chegar a ela.

Un dos bispos composteláns anteriores, Cresconio, autoproclamara a Compostela como sé apostólica, entrando en divina competencia con Roma e Toledo (que era a capital eclesial do cristianismo na península ibérica), por iso as relacións entre a sucursal e a central andaban un pouco tirantes. Diego Xelmírez viu de mellorar as relacións cunhas cantas visitas e agasallando ben os petos indicados, xa que o bispo de Braga (restaurada a cidade á cristiandade polo rei Don García de Galicia) e Toledo lle podían coller dianteira para obter o grao de sé metropolitana ante o papa e ser arzobispo en vez de bispo (collendo para a súa administración varios bispados portugueses (Guarda, Lamego, Idaña) e as cidades de Salamanca e Zamora. E como Deus estaba con él e non cos bispos de Braga e Toledo (sobre diste que aínda vivía entre moros) o Papa o nomeou legado pontificio (ou sexa, ambaixador do Vaticano na península ibérica) e tiña superpoderes pra corganizar reunións de bispos e xuntas ordinarias e pondo os puntos do día que lle conviñan a tratar.

Como os territorios da sé de Braga aínda se atopaban na liña de fronte contra os reinos moros Xelmírez viaxou lá por encargo da divina providencia pra sacar dunhas capelas que estaban na cidade de Braga, pero que eran propiedade da sé compostelana, entrar nelas e sacar de alí varias reliquias de santos (restos de cadáveres de vai saber quen) que atraían miles de turistas polo ano adiante e Xelmírez, no maior dos segredos as levou de volta canda sí pra Compostela en pleno inverno, e polo desexo de Deus de que esas reliquias estivesen en Galicia e non en Portugal cada vez que tiñan que pasar sobre un río nunha barca o río deixaba de estar desbordado e perigoso e pasabansen medo ningún, seguindo a vella calzada romana Vía XX o per Loca marítima, desde Tui ata Compostela. Este episodio coñécese como o pío latrocinio e fixo que o bispo de Braga protestase moito pero como Deus non lle fixo caso e e o enviou chamar canda él días despois da súa van protesta ningún bispo mais dixo ren.

Defensa de Afonso VII[editar]

Mentres seguían as intrigas pacegas, o rei de Castela-León finara e súa muller, a raíña Urraca casara co rei de Aragón prometendo que o fillo tido no matrimonio anterior seguiría tendo os dereitos pra ser rei de Castela; mais como se vía que a raíña estaba entregando o reino ao aragonés e iso ninguén o quería asi que nobreza galega (que temía perder poder co aragonés no trono) defenderon ó fillo de Urraca e exisíronlle a esta que lle dese o trono xa, como non o fixo tróuxose ao infante (futuro Afonso VII) a Galicia, onde seduciu cos seu ollar de monaguillo complacente a Xelmírez que apoiou ós outros nobres (que foran derrotados xa polo aragonés na batalla do castelo de Monterrosos, Lugo) e coroaron ao meniño Afonso como rei de Galicia co nome de Afonso I de Galiza, e foron a León pra reconquistar o trono trabando batalla co rei de Aragón que os derrotou en Viadangos porque Xelmírez teimaba en ter a tregua de semana santa e do outro lado os axudaba ós aragoneses o rei de Portugal (pra debilitar a Galicia e conquistala claroestá).

Durante unha das alianzas volubles da raíña Urraca cos partidarios de seu fillo, estivo a punto de perecer co propio Xelmírez na cidade de Compostela por un levantamento da burguesía compostelá contra do arcebispo en 1116, e como o Xelmírez pasou deles aquela ve e aínda lles puxo castigos os burgueses voltáronselle erguer contra él ao ano seguinte, seno salvado do incendio do seu pazo nas Praterías polo conde de Traba. Pra que deixara de suceder esas cousas usou a propaganda ditada por Deus e manou escribir a "Historia Compostellana" No ano 1124 Xelmírez fai un concilio e establece unha fronteira relixiosa entre o Reino de España (o territorio ibérico gobernado polos moros) e o reinos cristiáns (o resto de Europa) ao mesmo tempo que chama á jihad cristiá (as Cruzadas) e a tregua de Deus (que os reinos cristiáns deixen de pelexar entre sí en semana santa, polo menos).

Mentres seguía a guerra entre Urraca e seu fillo Afonso, éste axudado polos exército de Xelmírez e Pedro Froilaz de Traba sucendéndose as batallas en Mondariz (castelo de Sobroso) e Astorga, onde conseguen derrotar ao aragonés coa axuda do rei de Portugal. A veces a raíña Urraca aliáse co seu fillo outras co marido... pero sempre perdendo batallas ela, mentres o rei de Portugal anda con uns e con outros según lle convén. Urraca protexe a seu fillo, outrosí reconcíliase co marido e derrotan a seu fillo e ao ano seguinte rompe definitivamente co aragonés (xa que lle gostaba ir mais de guerras que cumplir súas obrigas maritais e por iso Deus o castigou), nembargantes a raíña Urraca non fará nvos amigos xa que seu fillo fica ata os collóns dela (adolescencia mala conselleira de paixóns inspiradas polo demo, e fin...) Pero Xelmírez firma con ela o Pacto do Tambre e Afonso I de Galicia recibe legalmente Galiza e Toledo (xa que Xelmírez pensa en capturar a sé metropolitana de Toledo e subxugara baixo a pouta de Compostela) mentres con 14 anos Afonso I é recoñecido como rei e Urraca derrota (por fin!) ao conde de Traba en Lobeiro (Pontevedra), mais a Afonso xa non lle facía falta o de Traba porque morre súa nai e ningún leonés quere ó aragonés e alcanza a ser rei de León tamén.

Por si fora pouco a duquesa de Portugal (unha separatista) tentaba ser raíña en Portugal e ataca Tui, Xelmírez envia varios rexementos alí pra boala fora, é derrotada por Xelmírez e Afonso VII (anterior Afonso I de Galicia), e é castigada por Deus que fai que seu fillo, Afonso Henríques (primer conde de Portugal que o independeiza de Galicia e funda o Portugal moderno) le fai a guera á súa propia nai e ésta exíliase en Galicia porque así Deus quere demostrar que todos deben ser mansos con Xelmírez, o seu enviado á península ibérica, que de paso, consegue o posto de capelán e embaixador do rei.

Xelmírez somos todos aha!
Un dos navíos da frota de guerra de Xelmírez.

En 1130 Xelmírez organiza un concilio en Carrión de los Condes, e alí purga con man de ferro ós bispos (de Oviedo, Salamanca e León) que estaban contra da boda de Afonso VII con Berenguela, isto provoca unha revolta de varios nobres aos que Afonso e Xelmírez van cazando de un en un. Alíase coa poderosa Orde de Cluny, que manexaba a política europea do momento desde Francia colocando bispos,papas e matrimonios de reis; así desaparece das igrexas o rito suevo ou bracarense polo rito gregoriano, para facer de Galicia un territorio con autonomía mandou construir unha frota de navíos e así con eles limpou todaa costa de piratas vikingos e moros, destruindo as súas bases estacionais nas illas Ons e Cíes.

Para aproveitar o mercado financieiro apupou a especulación urbá coas obras públicas, creando a Rúa Nova de Compostela ,reconstruindo o mosteiro de Bueu, a igrexa de Sta María do Sar e construíndo un pazo arcebispal(do que non fica ren)e acuñando moeda propia co fin de crear un paraíso fiscal mentres tentaba adiantarse a Toledo como capital facendo tamén él un panteón de reis na catedral.

Mais deus viu que o arcebispo fixera cousas dabondo pra liberar a Galiza, asi que mandouno chamar e Xelmírez morreu en cheiro de santidade no ano do señor de 1136, sendo moi chorado polos seus amigos,inimigos, monaguillos, amantes,barraganas,etc,etcetc

Milagres[editar]

  • Trouxou santos de Braga pra Compostela.
  • Iniciou novas obras construindo actual catedral de Compostela.
  • Limpou as cotas de Galicia de piratas grazas á súa flota de navós imperiais.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]