Dmitry Yakovlev

De Desgalipedia
Coche de bebe.jpg Artigo nos seus primeiros pasos! Este artigo tan só é un bosquexo!
Este artigo relacionado é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Desgalipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír.

Dimitri Iakovlev (en europeo Dmitry Yakovlev) é un autor de cómic ruso.

Vida e obra[editar]

Dimitri naceu no ano 1981 en Mitri (aínda que o KGB diga que é de Kirishi) cerca de San Petersburgo. Alí naquela lamaceira foi educado como homo sovieticus pero deixouno ao ver que incluso os rusos do Kremlim o deixaban. Educado nas artes marciais gráficas e na literatura tsarista conseguiu unha beca do Instuto paranormal de artes parapsicolóxicas da cidade, onde tivo contacto co underground local, que influenciado por Lemónov trataba de sacar a Rusia do caixón desastre na que matían constantemente os americanos, os funcionarios do Estado ruso, a mafia rusa, etc tentando fuxir do medievalismo de Vladimir Putin e seus simpatizantes de matrioskas zíngaras borrachas organizou varios festivais culturetas de tintes contraculturais (de feito todo o que non sexa arte de irrealismo neoliberal en Rusia xa é tachado de contracultural, subversivo, vendido a Occidente, etc) onde se soen introducir otakus e demais mangakas que chegan desde Siberia ata o Báltico (non saben que á volta ás meten no gulag), convirtíndose nun dos almirantes da frota friki internacionalista.

Obra de Dimitri Yakovlev[editar]