Donas

De Desgalipedia
Tipica Dona seducíndote pra que a "desencates".

Cita1.pngQuizais quixo dicir: HadasCita2.png
Google sobre Donas

Cita1.pngcando atope algunha e se me convirta en cobra vou lle dar un morreo con língua...sempre sentín morbo por ver como é iso de bicarse cunha língua bífida.Cita2.png
Home valente sobre as Donas

Chaman Donas, doncelas ou señoritas ós personaxes femeninos que teñen a teima de aparecer en emplazamentos arqueolóxicos(algunhas incluso con carácter reinvincindicativo pra que a Xunta de Galicia non lle faga pasar por riba unha autovía ou licencie unha explotación forestal ou mineira así polas boas) nos montes e as fontes.

Soen imitar ós espíritos da mitoloxía nórdica, ás que en castelán chaman "hadas","Fairys"os elfos e Ondinas xermánicas;son seres supernaturais que non pertencen á nosa especie.

A súa presencia sinálase nos castros de Piñeiro(Orbán),Monte do Viso(Allariz)Oneixón,en Lobeira(Vilagarcía)Monte das Croas en salcedo(pontevedra)Mámoa de Segade en Caldas de Reis,Piñor(Ponteareas),Sandiás(Bergantiños) e mais...e montes e descampados e na maioría das fontes e manantiais antigos.

A dona preséntase de varios xeitos, case sempre en certas horas, especialmente ó abrente un día no ano en San Xoán, a súa aprición ten lgar en varias formas:

  • Peiteando os cabelos, sempre de ouro cun peite de ouro;como a Dona de A Merca(Celanova),na ría de Viveiro hai unha cova,a cova da Doncela que abre cara o mar, na que se senta a dona peiteándose pra atraer ós mariñeiros. No Monte das Croas en Salcedo estaba encantada unha dona fermosísisma que vivía nun pazo dentro do monte e cun gran tesouro con tanta sona que ata chegou a Cádiz e tiña un cantar pra saber as súas señas:

Monte das Croas
ponte do Batán
fonte de Clara fría
monte de San Mariné,
tiran con ouro as ovellas
e non saben o que é

Un neno que gardaba as ovellas viuna que se peiteaba cun peite d eouro, chamouno e pediulle un año, o rapaz fuxiu asustado e contoullo ao pai. Éste obrigouno a voltar lá e darlle o que pedía e cando voltou desaparecéralle o fato todo, Ao pocuo voltou aparecer a Dona coas ovellas e díxolle que fora buscara seu pai, nonse sabe o que trataron ambos pero o pai fíxose rico.Un día o pai púxose enfermo e os médicos desafiuciárono.A súa muller tivo que saír da casa e ,cando volveu, atopou alí unha fermosa dona que ela non coñecía e o home estaba moito mellor. Cando se foi a dona, a muller preguntou e preguntou, deica que o home lle contou todo, memso os remedios que lle dera a dona...Para o outro día apareceu morto, co corpo todo negro coo se lle deran unha gran tunda.

  • A Dona aprece tendo diante unha tenda, unha manta chea de cousas de ouro e preciosas, postas a asoellar. O camiñante que ve fica aparvado, a dona faille certas preguntas e se responde a xeito gaña dona e tesouro;se non atina a responder cáelle unha desgracia.

En Fonte Serra(San Cosme de Cusanca) certa muller atopou un día unha Dona a carón dunha "tenda" de peites,medallas,colares...de ouro todo, e a Dona preguntou: -A como as queres,a presas ou a cribazos?
-A cribazos
-Pois vai buscar unha criba
Foina buscar, mais cando voltou con ela todo desparecera.Igual cóntase en San Román de Viña,cea,no Irixo,etc

No castro de Meire, en Melide, e noutro do Neixón a Dona dille a un rapaz: -Que che gusta mais da tenda?
-As tesouras
-Pois que con elas che quiten os ollos!
Noutros lugares a Dona di polas tesouras: -Que con elas che corten as alegrías!
A resposta atinada sería: -Gústame a tendiña, e máis a señoriña
E así podes levarte a Dona(quie está cachondísima) e todo o ouro que ten na tendiña.

En San Xurxo de Piquín(A Fonsagrada) aparecía unha Dona e daba a escoller entre dúas penedas, unha pizarra e outra de ouro, caían a spenas e esmagaban ó incauto,morrendo así moitos ata que alguén deua resposta correcta e casou con ela(supoño que terían que ir vivir lonxe dalí polas mortes causadas...).

  • A Dona preséntase nunha figura calquera e dá cita ó mozo que para que veña outro día a desencantala. O día da cita aparéceselle en forma de serpe e o mozo ten que vencer o medo e o noxo que lle pon.

O intento de desencatla case sempre fracasa e a dona láise dicindo:Fixéchesme xa desgraciada para sempre..." Hai poucas veces nas que o mozo morre ó pouco tempo, en castigo da súa cobardía.

  • Aparecen tres Donas, que están encantada nunha fonte, e sempre rematan por desencantalas pero non por completo,e Ana Manana remata por ficar atada á fonte sen poder ser desencantada, ou Aureana.
  • A veces quen desencata é unha rapaza á Dona. No castro de Trelle(Toén) unha maña´de San Xoán unha rapaza que iva pra Ourense atopou unha Dona descoñecida, vestida de seda e moi loira que lle dixo:

-De hoxe nun ano, se queres ser rica, antes d eraiar o sol, vés por aquí, e dende a cima do monte, has dicir tres veces:"Ábrete pendouril dourado!"

Así o fixo e á terceira vez, por un burato que se abriu no monte saíu a dona e botoulle na faldra unha cousa e díxolle: -Non mires o que é ata non chegares a casa
E desapareceu,a moza chea de curiosidade abriu o mandil e viu que eran moedas de ouro;chea de ledicia chegou á casa mais cando quixo gardar as onzas transformáranse en carbóns.