Dorsal galega

De Desgalipedia

A Dorsal Galega é unha cordilleira que divide Galicia en dous, xa que a travesa de Norte a Sur, desde Ortigueira ata Crecente, e que salvou a Galicia do Diluvio universal cando éste destrúa todas as costas de Galicia debido ao cambio climático.

Características[editar]

Estas montañas xurdiron cando Galicia occidental xurdiu do fondo do mar e chocou contra a Galicia primixenia (Ourense e Lugo) facendo que se elevasen toneladas de terra entre ambas placas ao chocar entre elas, igual que na India cada ano o Himalaia vai subindo mais e mais ao meterse India pouco a pouco baixo Asia. Logo no Cenozoico aínda se sumou mais terra a esta cordilleira cando o volcán do Monte Pindo estourou lanzando mais terra arredor del e empuxando o resto da placa, de tal forma que hai mais altura na parte sur que na norte, o que povoca que chova mais en Fornelos de Montes.

Os picos mais altos da Dorsal galega son Faro de Avión, o Monte Paradanta en A Cañiza, Monte da Cova da Serpe (Guitiriz), Monte Caxado (As Pontes de García Rodríguez), Pena Verde (Curtis) Vidueiros (Beariz).

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Dorsal galega.

Outros artigos[editar]