Doutor Guero

De Desgalipedia
Bandeira imperial xaponesa.jpg Made'n Xapón
Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente
configurado pode ver caracteres estraños con tecnoloxía xaponesa
.
Dirty McNasty-01.jpg Doutor Guero é demandado pola CIA, KGB e por Jack Bauer
por crimes contra a sociedade e é moi perigoso.

Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Doutor Guero
e ha chamar o superheroe Administrador maligno para te prender.

Doutor Guero
C-19 e Guero cosplay.jpg
Perfil
Serie: Personaxe de Dragon Ball
Primeira aparición:
Última aparición:
Creado por:
Dobrado por:
Alcumes:
Pseudónimos:
Idade:
Sexo: Asexual.
Especie:
Data e lugar de nacemento:
Data e lugar de morte: Bandeira do Xapón.png Xapón
Nacionalidade: Bandeira do Xapón.png xaponesa
Clase:
Ocupación: Matar inimigos e xente que lle cae mal.
Título:
Parentes coñecidos:

O Doutor Guero (Dr. ゲロ?) tamén chamado C-20, é foi un científico tolo do Exército Red Ribbon da serie Dragon Ball. Trátase do científico creador dos androides.

Traxectoria de tolemias científicas[editar]

Androides 19 e 20 na cidade.png

O Doutor Guero era un dos científicos tolos que traballaban na sección de enxeñería robótica do Exército Red Ribbon xunto co equipo que contaba co Doutor Eggman, o Doutor Willy ademais do científico tolo do deseño animado de Mickey Mouse da década de 30, creando maquinaria militar e diversos androides. A súa máxima creación foi Hatchan, unha especie de Frankenstein pacifista. Cando Son Goku desmantelou ó exército Red Ribbon, o Dr. Guero recolleu os seus traballos e fuxiu a un laboratorio secreto perdido entre as montañas do Himalaia, onde continuou co seu traballo co único fin de vingarse de Son Goku. Para iso, enviou un pequeno robot-espía, para que vixiara a Goku e ós seus compañeiros, estudara as súas técnicas de combate e adquirira as súas células en segredo.

Durante moitos anos, o Dr. Guero perfeccionou a súa técnica e creou ós androides C-16, C-17, C-18, C-19 e a súa maior creación: Célula. A súa loucura era tal, que el mesmo se converteu noutro androide grazas á axuda de C-19, pasando a ser C-20. Unha característica importante é o dispositivo que ten nas palmas de ambas mans, que lle permite absorber a enerxía do rival.

Tamén creou a C-13, C-14 e C-15, que foron rematados e activados polo ordenador central do seu laboratorio. Apareceron unicamente no filme Os tres grandes superguerreiros.