Drácula

De Desgalipedia


Cita1.pngUnha noite na eira de Transilvania...Cita2.png
Curros Enríquez poetizando a novela esta.

Brágula é ua novela de J.J. Abrams Stocker sobre o feudalismo.

Argumento[editar]

Xoán Arqueiro viaxa a Romanía e formalizar o papeleo dunha casa en Londres que o Conde Drácula quere mercar, polo camiño os labregos avisan por activa e por pasiva que non vai ao castelo do Conde Orlock porque é un drácula yeyé e ao mellor a súa alma vira hippie! Pero Xoan Arqueiro pensa que son bromas dos romanos e segue adiante, chega ao castelo aló nos Cárpatos e descobre que o Conde Drácula ten un harém de vampiras lesbianas e caixas con terra para sementar en Inglaterra plantas de marihuana. Xoán tenta fuxir pra avisar á policía pero non consegue fuxir senón tirándose da torre e correr mais que Forrest Gump ata atopar un mosteiro de monxas lobismulleres que o curan e salvan porque elas son inimigas dos vampiros como todo o mundo sabe desde que nos anos 50 os víramos pelexar nas pelis de Hollywood facendo refritos.

Mentres Drácula chega a Inglaterra e ponse a decorar a súa casiña con bragas, resulta que está enfronte da de Xoán Arqueiro e alí descobre que a súa amada morta fai séculos reencarnouse na muller de Xoán Arqueiro, éste conseguiu chegar a casa pensando que está todo ben xa que seu amigo o psiquiatra drogouno por consello de Renfield.

Ao pouco a mellor amiga de Mina, Luci, morre tras unha orxía cos seus dous pretendentes, Arthur e Quincey, e bótanlle a culpa a Drácula suxestionados por Van Helsing, un científico tolo, que os convence para que extinguan a Drácula e vano buscar a Hungría, onde se enfrontan ao harén de vampiras de Drácula e o conseguen matar tras darlle un cíngaro peneque a beber. Drácula morre sen poder siquera botarlle un polvo á súa muller reencarnada nunha puritana inglesa.

Personaxes[editar]

  • Conde Drácula.
  • Mina: chupacirios inglesa na que se reencarna a amada de Drácula.
  • Jonathan Harker: axente inmobiliario que especula co chan pra crear unha crise económica que tombe ao capitalismo e amosar que Karl Marx tiña razón.
  • Doktor Van Helsing: médico especialista en enfermidades raras, seguidor da alquimia e outras parvadas.
  • Harén de Vampiras Lesbianas.
  • De Quincey: pretendente gringo de Lucy, vai a todas partes vestido de pastor de vacas e iso molla todas as bragas do centro de Londres .
  • Arthur: pretendente de Lucy e finalmente seu marido, consegue vingarse de Brágula ao sacarlle a éste as bragas da súa difunta esposa e colocarlle no nariz os seus calzóns tras masturbarse neles.