Dragóns escuros

De Desgalipedia
Dirty McNasty-01.jpg Dragóns escuros é demandado pola CIA, KGB e por Jack Bauer
por crimes contra a sociedade e é moi perigoso.

Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Dragóns escuros
e ha chamar o superheroe Administrador maligno para te prender.

Os Dragóns Escuros (邪悪龍 Jaakuryū?), son un grupo de personaxes da serie Dragon Ball GT. Apareceron oito, un por cada unha das Bólas do Dragón despois de tantos sabios usos como ter unha braga de Bulma, ser inmortal, revivir o Goku (1000 veces), facer a C-18 namorarse polo Krilín, facer o Goku voltar a ser neno; e máis un dragón inicial.

Historia de Kokuen No Ryu[editar]

Este dragón é, en teoría, a parte escura de Shenron. Inmediatamente despois de ser destruído Súper C-17, Son Goku e compañía reuniron as bólas máxicas para revivir a Krilín e a tódalas persoas que morreran. Nun primeiro momento, as bólas tiñan fisuras e trala invocación de Shenron, este non apareceu, e no seu lugar saíu Kokuen No Ryu. Este dragón de pel azulada, negouse a conceder os desexos e só desafiou e mofouse de todos, para logo dividirse nos sete Dragóns escuros.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Dragóns escuros.

Outros artigos[editar]