Dragon Ball

De Desgalipedia
Bandeira imperial xaponesa.jpg Made'n Xapón
Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente
configurado pode ver caracteres estraños con tecnoloxía xaponesa
.
Dragon Ball
Manga Dragon Ball
Creado por Akira Toriyama
Editor Shounen Jump
Publicado en
Primeira edición 1984
Última edición
Núm. de volumes 42
Anime Dragon Ball
Dirixido por o mesmo Akira Toriyama
Estudio
Canle televisiva Xapón, Namek e Planeta Vexeta
Primeira emisión 1997
Última emisión
Núm. de capítulos máis de 8000


As Bólas do Dragón é unha historia de machotes que nos conta as aventuras de varios seres vivos á procura dun Mc Guffin ben raro... os collóns fosilizados dun Dragón chinés.

Historia das bolas do Dragón[editar]

Placa de aviso de Spoiler.jpg Atención: Aviso de Spoilers
Esta sección/ou artigo pode revelar detalles da trama e/ou
do argumento, de xeito que Luke Skywalker é fillo de Darth Vader.
Agora que eu dixe, pode continuar lendo...

Todo comezou cando Kamisama, un extraterrestre do planeta Namek emigra de forma ilegal ó planeta Terra e alí practica a zoofilia cun Fragasauro do que nace o primeiro dragón chinés, éste dragón é castrado civilizadamente pola orde de Dragal e os seus seis collóns fosilizados seguindo o método do Conde de Saint Germain para usalas pra inventar a Pedra filosofal pero o forno alquímico estoura e as bolas vanse ao carallo.

Os Illuminati envían a Bulma na súa procura e ésa bate con Son Goku, un marxinado social que vive na fraga co seu avó homesexual en franca camaradería masculina sen mulleres meténdose polo medio, Bulma aprovéitase da mocidade de Kakaroto e manipúlaoo cunhas bragas súas, Songoku fascinado polo eterno femenino irá tras Bulma o resto da súa vida sen saber que él é homesexual e casará por presión do Mestre Mutenrohi con Chichí á que lle fará un fillo mentres pensa no sexy que é o príncipe Vexeta.

Songoku e Bulma terán que enfrontarse diferentes enemigos:

  • Pilaf: un anano primo de Gimli, fillo bastardo de Tyrion Lannister.
  • Red Ribbon: outro anano cabrón, que só quere as bolas de Dragón para aumentar a súa estatura e ligar con mulleres (e para iso fai un exército? Podendo pagarse un ferrari xa veñen elas soas...).
  • Freeza: extraterrestre fillo dun lagarto e dúas vampiras lesbianas (que se meteron o lagarto dentro nunha orxía entre elas).

A partir destes tres baldreus creánse outros enemigos (Célula, os androides, Buu, saiyajins, metafreezas) que lles tocarán os juevos a nosos heroes homosexuais. SI! porque Dragon Ball é todo homoerotismo, nesta historia vemos como centos de homes pelexan semiespidos e musculosos uns contra outros, as poucas mulleres que hai ou son guerreiras ou compórtanse como homes, como Bulma que está todo o tempo organizando e mandando como o faría unha nai, ou sexa temos homes musculados frotándose entre sí e mulleres asexuadas... hai algo mais gay?????

O homosexual misóxino de Crilín recibindo un bico de C-18.

Dragon Ball forma parte da literatura homosexual, xa que nela se dan o cosmos pechado dun mundo de homes (a maioría de persoaxes son homes e as poucas mulleres que hai compórtanse como nais ou irmás maiores), hostil ás mulleres (ninguén tenta ligar con elas e quen o fai, o mestre Mutenroi, é obxecto de burla), socialmente apátrida (de qué país son? a que clase social pertencen? A quen rezan?) e parasitario (De qué traballan Goku e Vexeta? De onde sacan os cartos? A quen pagan impostos?)

Ademais diso en Dragon balla saen cada dous por tres homes musculosos que fan loita erótica e non tentan destruir a seus rivais senón que os tentan SOMETER, un mundo monádico, un mundo mozo no que os maiores (Mutenroi, pai de Chichí, Señor Satán) son caricaturas, ademais de mundo xoven é mundo masculino onde as mulleres molestan, xa que apenas aparecen e as que o fan (Bulma, Chichí, C-18) son mulleres nada románticas que fan o papel de nais, gobernantas, molestando aos heroes. Se algún persoaxe se casa cunha muller (Vexeta e Crilín) chegan a ter fillos pero non parecen unha parella (non se dan cariños, nin se miran e trátanse mais como amigos que como mozas).

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Dragon Ball.

Outros artigos[editar]