Dragon Ball Z

De Desgalipedia


Bandeira imperial xaponesa.jpg Made'n Xapón
Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente
configurado pode ver caracteres estraños con tecnoloxía xaponesa
.
Dragon Ball Z
Dragon Ball Z apertura.jpg

<tr><td colspan="2" style="background-color:#ddf; text-align:center">ドラゴンボールZ(ぜっと)
((Doragon Bōru Zetto))</td></tr>

Manga Dragon Ball Z
Creado por
Editor
Publicado en
Primeira edición
Última edición Galicia 12 de xullo do 2012 - 31 xaneiro do 2013
Núm. de volumes
Anime Dragon Ball Z
Dirixido por Daisuke Nishi
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Bandeira do Xapón.png Fuji Television
Galicia Televisión de Galicia
Primeira emisión Bandeira do Xapón.png 26 de abril do 1989 - 31 de xaneiro do 1996
Galicia 16 de setembro de 1991
Última emisión Galicia 12 de xullo do 2012 - 31 xaneiro do 2013
Núm. de capítulos 291


Cita1.pngOla eu son Goku!Cita2.png
Son Goku sobre calquera cousa en DBZ

Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ Doragon Bōru Zetto?), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z ou As Bólas do Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa, e a continuación do anime Dragon Ball, adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei.

Argumento[editar]

Dragón Ball Z comeza cinco anos máis tarde que de Dragon Ball, despois do matrimonio de Son Goku e mais Chichi. Raditz, un misterioso guerreiro do espazo, chega á Terra para atopa-lo seu irmán, Son Goku. Foi así como é que Goku se decatou que ven sendo dun planeta de guerreiros do espazo, que foi derruído, e que só ficaron catro superviventes.

Personaxes[editar]

Protagonistas[editar]

É o personaxe principal da serie e o loitador máis forte do universo. Malia ser inxenuo e bondadoso, é tamén un poderoso Saiyajin (Guerreiro do espazo) que case nunca entende da maldade dos outros. Ten unha grande predilección pola loita, coma tódolos guerreiros de súa raza, especialmente cando o seu adversario é máis forte. Casou con Chichi, ten dous fillos: Son Gohanda e Son Goten.
É o primeiro fillo de Son Goku e mais Chichi. O seu nome ven polo avó adoptivo de Son Goku. Foi o primeiro cruzamento dun Saiyajin cun ser humano, o que deu como resultado un ser mais poderoso ca un Sayjajin normal . Son Gohanda foi o Salvador da Terra na loita contra Célula.
Krílin, o máis inútil da serie.
É un humano e tamén o mellor amigo de Son Goku. Cando cativo, adestrou á veira de Son Goku co Mestre Mutenroi. En Dragon Ball Z, Krilín foi de gran axuda, enfrontándose ós Saiyajins, Freezer e moitos outros. Tamén creou a técnica Kienzan e casou con C-18.
Piccoro tras ver unha das burradas de Goku.
É un Namekiano moi poderoso de liñaxe guerreira. Inicialmente inimigo de Son Goku, mais ós poucos acabase aliando a el, pasando ata a adestralo seu fillo Son Gohanda, na fase seguinte, por quen comeza a ter un grande afecto.
É o fillo do Rei Vexeta e Príncipe dos Guerreiros do espazo. O Seu planeta Natal é o Planeta Vexeta, que foi destruído por Freezer cando Vexeta aínda era un neno. Dende aquela pasou a traballar para Freezer canda o seu titor, Nappa, e mailo saiyajin, irmán de Son Goku, Raditz. Malia a súa arrogancia, máis en diante, confórmase en te-lo planeta Terra como o seu lar, cásase con Bulma e xuntos teñen dous fillos: Bra e máis Toranks.
Este personaxe debe ser entendido como dous. O "Toranks do Futuro" vén dun futuro alternativo, para alertar sobre a ameaza dos androides, que tornaron o seu tempo un inferno. O Seu mestre de loitas foi Son Gohanda, o único guerreiro vivo na súa liña temporal. O outro, é o "Toranks do Presente", un neno de 8 anos e mailo mellor amigo de Son Goten. Diferentemente de súa contra-parte, el vive unha vida calma e divertida, en virtude de que os outros guerreiros están vivos na súa liña temporal.

Secundarios[editar]

É a mellor amiga de Son Goku e mais filla do dono da Corporación Cápsula. Ela é unha muller moi intelixente, mais se considera unha moza linda e fráxil. En Dragon Ball Z, Bulma ten maior participación na Saga de Freezer, mais, durante toda a serie, ela axuda a guerreiros coas súas invencións. Casa con Vexeta, e ten dous fillos, Toranks e mais Bra.
Un antigo ladrón, que abandonou os crimes para se xuntar a Son Goku en Dragon Ball. Yamcha adora loitar tanto como adora as mulleres. A súa participación limítase moito debido a forza dos novos inimigos.
Alumno de Tsuru, o rival de Mutenroi. Ten Shin Han camiñaba no camiño do mal, ata coñecer a Son Goku. El é un humano de tres ollos e o mellor amigo de Chaoz.
É o mellor amigo de Tenshin Han, tamén discípulo do Mestre Tsuru. Seguía os mesmos pasos maléficos do seu amigo, adestrando tanto para domina-lo mundo como para matar. É un personaxe feble, que acaba non acompañando o poder de loita dos outros guerreiros; porén, as súas técnicas de auto destrución poden causar grandes danos ó opoñente.
Foi o mestre de Son Goku, Krilín e máis Yamcha. Xubilado dende a aparición do Piccoro Daimaō, el foi o humano máis poderoso do planeta. Creou a técnica Kamehameha (onda vital), que se tornou o principal golpe de Son Goku. Malia non participar máis das loitas, os seus alumnos hónrano arestora, usando o seu uniforme de batalla xunto co símbolo.
É o deus da Terra, e contra parte de Piccoro. É un namekiano que hai moito tempo foi mandado para a Terra, pois o seu planeta tiña problemas. Aló, el retirou de si, toda a súa maldade, que se transformou en Piccoro Daimaō. Na Saga Célula, el fusiónase con Piccoro, volvendo á súa forma orixinal.
É un namekiano. Unha das calidades de Dende é a de poder sanda-las persoas e poder falar co dragón das sete bólas máxicas. Fai amizade con Son Gohanda e mais Krilín, cando viaxan ó planeta Namek para atopa-las bólas do dragón dese planeta, mais durante eses eventos as forzas de Freezer invaden o planeta coa mesma intención, é acaba morrendo polo mesmo Freezer. Tras ser resucitado múdase co seu pobo para o novo planeta Namek, mais tórnase no sucesor de Kamisama, logo de que este se fusionase de novo con Piccoro.
É o segundo fillo de Son Goku e mais Chi-chi e o irmán máis novo de Son Gohanda. Imítaselle practicamente o pai, tanto en inocencia como no talento para a loita, Son Goten superou toda á súa familia, en termos de cando eran cativos. Gosta de trebellar co seu mellor amigo Toranks, e xuntos, pódense fusionar creando o guerreiro Songotoranks.

Antagonistas[editar]

Foi o culpábel pola destrución do Planeta Vexeta e tamén pola exterminación dos Saiyains pois, temía que de entre eles xurdise o Lendario Súper Saiyain eo fixese de muller. Na procura as bólas máxicas de Namek, Freezer afrontase cos Guerreiros Z, mais ceiba a carraxe de Son Goku ó matar a Krilín, creando o seu peor pesadelo. Con todo, Son Goku déixao vivo e retorna na Saga de Célula, onde é morto por Toranks.
Unha creación suprema do Doutor Guero, Célula foi creado para absorber os androides C-17 e máis C-18 e así se tornar nun ser perfecto. Célula é constituído de células dos Guerreiros Z e mais de Freezer, podendo así utiliza-lo Kamehameha. El atinxe a súa meta ó supera-lo seu nivel perfecto e consegue matar a Son Goku e mais a Toranks, mais é destruído polo Kamehameha de Son Gohanda.
Boo e Babidi.jpg
E un demo creado polo mago Bibidi que hai moito tempo devastou o universo, mais foi trancado nun casulo. Anos despois, o fillo de Bibidi, Babidi esperta a creación do seu pai. Boo ten aparencia fata, mais conseguiu derrota-los guerreiros e destruíla Terra. É morto por Son Goku coa Súper Genki Dama.

Filmes, Especiais de TV e OVAs e outras merdas[editar]

Filmes[editar]

Especiais de TV[editar]

  • O pai de Goku (1990): Nese especial vemos como foi a morte do pai de Goku, Bardock era líder dunha Gang de saiyans gays (Había unha lesbiana entre eles), tivo un caso con Sonic, e da unión dos dous naceu Goku e Raditz. Un bo día Bardock descubriu que Freeza quería destruír o planeta dos saiáns, quedou tolo de rabia, os mellores bares gais da galaxia ficaban no planeta. Bardock voa ata a nave de Freeza e morre con un poder que Freezer lanza con dediño do pé.
  • Un futuro diferente (1993): Na película de Toranks vemos como o futuro do Toranks do futuro é futurista e alí Goku, Vegeta, Piccolo, Chuck Norris e outros están mortos, os androides 17 e 18 mataron todos. Os únicos que sobraron para defender a Terra foron Toranks e Gohan. Toranks así resolve ir ao pasado impedir que Goku e Chuck Norris morran, é dicir, é un filme dos androides.

OVAs[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Dragon Ball Z.

Outros shonens[editar]