Educación

De Desgalipedia
Educación é o acto de pedir permiso cando é a súa vez de bailar ben acompañado.

Educación pode definirse como:

  • Proceso bidireccional polo que se transmiten coñecementos, valores, xeitos e formas de lavado cerebral. Prodúcese a través da palabra, a imaxe etc., estando presente en todas as accións, sentimentos e actitudes humanas, e sendo a imitación moitas veces un fenomenal instrumento educativo.
  • Proceso de inculcación e asimilación cultural, moral e de conduta. Así, a través da educación, as novas xeracións asimilan e aprenden os coñecementos, normas de conduta, xeitos de ser e formas de ver o mundo de xeracións anteriores, creando ademais outros novos.
  • Proceso de socialización dos individuos dunha sociedade.

Tamén se chama educación ó resultado deste proceso, que se materializa na serie de habilidades, coñecementos, actitudes e valores adquiridos.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Educación.

Outros artigos[editar]